Luns. 20.05.2024
El tiempo

Setembro chega con forza á #AxendaCostadaMorte

Setembro chega con forza á #AxendaCostadaMorte
#axenda da Costa da Morte despídese hoxe dun intenso mes de agosto no que houbo actividades para todos os gustos sendo as verbenas unha das citas claves do mes. E continúano sendo en setembro, polo menos durante estes primeiros días, que ao cadrar en fin de semana son moitas as localidades que continúan de festa. Antes de ver unha a unha, repasamos o parte costeiro para esta fin de semana da man de Meteogalicia.

Meteogalicia

Estamos ante un novo anticiclón que se queda ata o domingo polo que teremos un aumento progresivo na estabilidade atmosférica. Os ceos estarán durante hoxe, mañá e o domingo moi despexados onde a presenza do sol e as boas temperaturas están aseguradas, chegando aos 30 graos nalgúns puntos da Costa da Morte. Durante estes tres días tamén terá moita presenza o vento que soprará do nordeste con intensidade moderada, que nalgúns momentos pode chegar aos 40 ou 50 quilómetros por hora o cal pode minimizar a sensación térmica. En canto ao mar, este vento do nordeste deixará algo de maruxía con escaso mar de fondo. 

Festas

  • Festas en Baíñas. Na parroquia de Baíñas celebran esta fin de semana as festas do patrón con tres días cargados de música.
  • Festas en Nantón. En Nantón, no concello de Cabana de Bergantiños, celebran hoxe e mañá as festas do Carmen.
  • Festas de san Ramón de Serres. Tamén hoxe e mañá celébranse as festas de San Ramón de Serres, en Muros. Mañá sábado, ademáis da música, tamén haberá unha exaltación da navalla.
  • Festas de San Ramón de Vigo-Mallas. En Vigo-Mallas (Fisterra) celebran estes tres días as festas do San Ramó na que non faltará a música nin a diversión infantil.
  • Festas do Santísimo Cristo de San Mamede. Tamén en San Mamede, Carnota, teñen por diante tres días de festas na honra do Santísimo Cristo.
  • Festas da Milagrosa. No barrio da Milagrosa, en Carballo, comezan o mes de setembro con festa. Hai programados unha gran cantidade de actividades para mañá e para o domingo.
  • Romería das Neves de Buxantes. En Buxantes celebran mañá a romaría das Neves con sesión vermú, churrascada e verbena. A festa regresa o día 8.

Outras citas

  • Arte e Vermú na Casa das Pepitas. A Casa das Peritas, obradoiro da artista Natasha Lelenco na aldea de Mallas, en Fisterra, pecha esta fin de semana as súas portas como ocasional galería de arte. A exposición poderá visitarse hoxe, mañá e o domingo entre as 12:00 e as 14:00 horas.
  • Mercado de San Ramón do Allo. Coincidindo coa romaría de San Ramón, a parroquia de O Allo (Zas) recupera hoxe o seu tradional mercado no que faltarán os productos de artesanía. Os postos abrirán entre as 11:00 e as 15:00 horas.
  • Carballo na memoria. O casino de Carballo acolle esta noite, a partir das 20:30 horas, unha viaxe no tempo a través das imaxes seleccionadas polo cronista Xan Frag no seu último libro titulado "Carballo, o paso do tempo".
  • Inauguracion do paseo fluvial de Vimianzo. Esta noite Vimianzo inaugurará o seu paseo fluvial "Braña do Cura" cun acto que comeza ás 20:30 horas.
  • Presentación literaria en Laxe. O museo do Mar de Laxe acolle hoxe, ás 20:30 horas, a presentación do libro "Na procura da noite: fotografando o ceo nocturno" editado pola Universidade de Santiago e do que é coautor Jorge Mira.
  • Dia da Bici en Corcubión. Corcubión celebra mañá o día da bici cun percorrido que arranca ás 11:00 horas e que discorrerá polo municipio.
  • Iluminación nocturna na Fervenza do Ézaro. Mañá sábado, a fervenza do Ézaro volve a iluminarse entre as 23:00 e as 00:00 horas.
  • Noite de estrelas e mitos no faro de Brantuas. Mañá ás 21:00 horas sairá dende a praia da Ermida unha ruta nocturna de tres horas aproximadas de duración.
  • XXIII Festa dos maiores en Cee. O pavillón municipal de Cee acolle este domingo, a partir das 13:30 horas, a festa dos maiores organizada polo concello.
  • Concerto de música folklórica suiza. A praza da Constitución de Fisterra acolle este domingo, 2 de setembro, a partir das 19:00 horas un concerto de música folkórica suiza na que se tocarán instrumentos como o yodel, a trompa alpina e o acordeón suizo.

Exposicións

  • Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
  • Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
  • As Torres do Allo, en Zas, abre todos os días durante os meses de verán (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
  • No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
  • Faro Vilán en Camariñas. O faro Vilán acolle durante todo o mes de setembro a exposición M’eu – Mar. Tempos longosde Xan Vieito. Os horarios de apertura da sala de exposicións so o 1 e o 2 de setembro, de 11:00 a 21:00 hoas e do 3 ao 30 de setembro de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.

Máis información

Fonte

Comentarios