#SoandoconForza: 5 sesións para amenizar a finde
Mergullando polo Mixcloud, rescato cinco sesións de cinco picadiscos emblemáticos. Unha viaxe por distintos clubes da península Ibérica, dende A Coruña ata Elche, pasando por Lisboa e Barcelona. Para que este fin de semana te lembres de novo, desa sensación de estar na pista de baile do teu club favorito.
1- “For people unknown”
“For people unknown” é o nome das noites nas que Rai, picadiscos dende 1988 do emblemático clube alternativo de Lisboa Incognito, explora os sons máis complexos da electrónica, sets cargados de Darkdisco, Italo, Synth, Acid House e Techno.
As outras noites no Incognito de Rai, son coñecidas como ¨Invisible Roads¨, con música indie, new wave e synthpop.
2- “Rompeolas”
Dende Elche, unha sesión para celebrar o trixésimo segundo aniversario do pub Rompeolas, clube alternativo da cidade por excelencia, a sesión está mesturada por Pepe Marín, picadiscos residente dende os comenzos do club.
3- Poti Campelo no Playa
Sesión a cargo de Poti Campelo, picadiscos da discoteca Playa Club de A Coruña, feita con 55 cancións escollidas pola xente en un post de facebook ,para lembrar os vellos e bos tempos da discoteca e as súas míticas sesións.
4- “Warm Up de Dj Coco”
2 horas e media de sesión, abrindo en Nitsa Club (Barcelona) para 2manydjs, set gravado en xaneiro de 2020.
5- Amable
A estas alturas o picadiscos catalán Amable, non necesita presentación. Unha sesión para conmemorar o vixésimo aniversario da discoteca Razzmatazz de Barcelona.
- Maikel Pérez Castro, Picadiscos.
SOANDOCONFORZA
- 5 imprescindibles documentais de música.
- Lembrando unha visita de Manu Chao á Costa da Morte.
- Catro novidades e un clásico para a última fin de semana de marzo.
- Playlist polo Día do Pai.
- #SoandoconForza: Baiuca.
- #Soandoconforza: “Tu Futura Ex Mujer”.
- #SoandoconForza: Coñecendo a banda carballesa "Apart”
- “Son Carballo”, unha playlist de bandas carballesas.