Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os socialistas celebran as 8 alcaldías da comarca

8 alcaldes da comarca da Costa da Morte
8 alcaldes da comarca da Costa da Morte
Os socialistas celebran as 8 alcaldías da comarca

Este venres 11 de outubro os socialistas da Costa da Morte celebraron unha xuntanza en Corcubión para celebrar o éxito nas pasadas eleccións municipais. Máis de 100 militantes e simpatizantes socialistas acudiron a esta cea, xunto cos oito alcaldes e alcaldesas do partido xudicial de Corcubión, que destacaron nunha breve intervención, "o momento histórico que vivimos na nosa bisbarra por acadar tantas alcaldías." 

"Esperamos seguir mantendo nos próximos meses xuntanzas deste tipo para fortalecer a nosa unión e acadar desde o poder municipal melloras para a nosa bisbarra, a pesar da falta de compromiso da Xunta de Galicia co noso territorio", sinalaron nos discursos. 


 

Comentarios