martes. 03.06.2025
El tiempo

Solicitan a volta da Policía Nacional a Carballo

Solicitan a volta da Policía Nacional a Carballo
Policia Nacional vehículo

E a capital de Bergantiños unha das máis habituais nas notas de prensa da Garda Civil. Lamentablemente as cifras falan, e deixan claro que o nivel de delincuencia na zona é alto. Sen embargo, xa fai anos que a desapareu a Policía Nacional de Carballo. Dende aquela, son moitas as voces que solicitan a volta deste servizo de seguridade, como neste caso, a agrupación de Cidadáns de Costa da Morte, que tras varias reunións con colectivos veciñais, considera a comisaría de Policía “necesaria na zona” debido á “crecente sensación de inseguridade por parte da poboación da Costa da Morte”.

Cidadáns considera que a Costa da Morte cumpre os requisitos poblacionales para poder localizar unha Comisaría de Polícia. E sinalan que a “importante labor da Garda Civil vese superada ante a cantidade de competencias atribuídas”.

Por todo isto, o portavoz de Cs na Coruña, Sergi March, considera que “esta reclamación da poboación, xustifícase na poboación de máis de 100.000 persoas que pode cubrir unha comisaría dedicada a esta zona, e que en poboacións similares reúne corpos policiais de ata 250 membros”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Ciudadans.

Comentarios