Luns. 29.04.2024
El tiempo

Solpor espalla o Camiño costeiro na feira Farway

Stand de Solpor na feira Farway
Solpor espalla o Camiño costeiro na feira Farway

Ata Santiago desprazouse unha delegación da Asociación Solpor co seu posto na feira V Farway. O Foro do Camiño de Santiago desenvólvese dende onte ata o venres con centos de touroperadores e axentes do sector que coñecerán de primeira man a Costa da Morte gracias á única Asociación que promociona o Camiño De Santiago a Fisterra-Muxía.

O da entidade Presidente Jesus Picallo ten claro o valor destas citas: “É importantísimo estar neste tipo de eventos, para promocionar o noso camiño, o noso destino e a nosa comarca. Somos un destino apetecible en calquer época do año, e vir aquí e facer que grandes touroperadores o vexan é fundamental para o noso turismo”.

“Podemos competir con grandes destinos como Ribeira Sacra ou as Rias baixas, só hai que saber vender o Noso. E que é o Noso?… Pois o Noso Camiño por suposto, a Nosa gastronomía, os nosos hoteis con encanto, a Nosa calidade, as nosas paisaxes e porqué non dicilo… ese turismo fora de tempada alta como é o turismo de temporais como o que agora mesmo temos”, explica Picallo.

Solpor na Farway coa alcaldesa de Santiago
Boullosa e Picallo coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín

Comentarios