Un neno en bici facendo o Camiño para apoiar a nenos enfermos oncolóxicos
Josef Zimovčák é “Un neno en bicicleta”. Así se chama, “Na kole Detem”, o proxecto solidario deste checo no marco da Fundación Josef Zimovčák para o apoio a nenos enfermos oncolóxicos.
Estes días está atravesando a Costa da Morte, e esta mañá acaba de pasar por Muros cara Fisterra.
A través de actividades deportivas, con esta singular bicicleta, como tours polo seu país, ou a realización do Camiño de Santiago (como fixeron hai pouco os pontecesáns Alberto Castro e Jesús García), tratan de recadar fondos que a Fundación destina a pequenos pacientes, facendo máis agradable a súa estancia no hospital e a rehabilitación.
"Os que temos a sorte de estar sans debemos axudar aos que están menos sans”, é a filosofía deste proxecto, amparado por “On bike for children”.