Mércores. 11.09.2024
El tiempo

Sostibilidade e patrimonio nas novas xornadas de formación turística carballesas

Sostibilidade e patrimonio nas novas xornadas de formación turística carballesas

Interesantes as propostas para particulares e establecimebtos que saen en Carballo estes días:

Obradoiro de interpretación dos recursos patrimoniais costeiros

O Concello de Carballo, a través da concellería de Promoción Económica, organiza para os días 17 e 18 de outubro un Obradoiro de introdución á interpretación dos recursos patrimoniais costeiros. Será no Forum Carballo, en horario de 16.30 a 20.00. Co Concello colaboran o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), o GALP Costa da Morte, a Xunta de Galicia e o Fondo Europeo Marítimo e de Pesca da Unión Europea (FEMP).

As persoas interesadas en participar poden inscribirse, de balde, na web www.ceida.org (aquí tedes o formulario de inscripción: http://www.ceida.org/gl/formulario-de-inscricion), no enderezo electrónico [email protected] e no teléfono 981 630 618 . Impartido por Jorge Morales Miranda e co obxectivo de proporcionar os coñecementos e as ferramentas básicas de interpretación dos recursos patrimoniais e culturais da costa para acadar unha comunicación eficaz, o curso vai dirixido a persoas pertencentes ao ámbito do turismo, guías intérpretes, informadores turísticos, educadores ambientais e educadores en xeral (educación formal e non formal).

Obradoiro turistico en Carballo

Prácticas de xestión ambiental sostibles en establecementos turísticos

O Xoves 19 de outubro do 2017, o Forum Carballo acolle de 17:00 a 20:00 horas unha xornada de formación e reforzo de prácticas de xestión ambiental sostibles en establecementos turísticos. A actividade, de tres horas de duración (de 17.00 a 21.00) ten o obxectivo de achegar ferramentas que minimicen o impacto sobre o medio ambiente nas empresas turísticas, tales como reducir o consumo eléctrico e de auga, reducir a produción de residuos entre outras. Este obradoiro está orientado a persoas que desenvolven a súa actividade no ámbito do turismo e que desexen reforzar os seus coñecementos na xestión ambiental sostible en establecementos turísticos. As prazas son limitadas e reservarase a praza por orde de inscrición, que é de balde.
Na seguinte ligazón tedes o formulario de inscripción: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScULYwbboCINokyyIka9gHpjejbCBCXc4wib5FTWorl

Fonte

  • Redacción de QPC .

Comentarios