A primeira gran Sesión Vermú no Centro Español Lyss con DJ Rokiño
O Centro Español Lyss, situado no cantón suízo de Berna, viviu a pasada fin de semana unha xornada inesquecible coa súa primeira gran Sesión Vermú. Nesta ocasión, o evento tivo un significado especial xa que coincidiu coa celebración dos 55 anos de historia da institución en Suíza. Cun éxito rotundo, o encontro chegou a pleno aforo e ofreceu un adianto da que será a gran festa conmemorativa do 55 aniversario, prevista para o 26 de outubro. Na celebración participarán Dj Rokiño, Laura Añón, Ángel Sevilla e JJ Compota.
O Centro Español de Lyss, fundado en 1969, foi durante máis de cinco décadas un piar fundamental na vida cultural e social dos galegos emigrantes en Suíza, principalmente da zona de Santa Comba, A Costa da Morte... Ao longo destes anos, a asociación mantivo vivas costumes e tradicións galegas, creando un punto de encontro para quen se sinta unido a Galicia, a pesar da distancia. A xornada comezou ao mediodía, cunha acollida cálida e familiar que invitou a convivir e gozar dun ambiente auténticamente galego.
Os asistentes puideron gozar dunha exquisita variedade de tapas ao seu criterio, que incluíu desde clásicos como tortilla, chourizos caseiros e empanadas, ata unha selección de produtos frescos e típicos de Galicia, destacando pola súa calidade e sabor. A xenerosidade do servizo e a variedade de opcións dispoñibles fixeron que os comensais puidesen gozar dun banquete sen límites, co verdadeiro espírito dunha festa galega. O cocido galego foi o prato forte do día, deleitando a todos os presentes co seu inconfundible sabor. A elaboración do cocido, cos seus ingredientes imprescindibles como o lacón, o repolo, o chourizo e as patacas, foi un dos grandes éxitos da xornada. Moitos asistentes comentaron o difícil que é atopar este tipo de comida fóra de Galicia, polo que o menú ofrecido permitiulles reencontrarse coas súas raíces dun xeito único e emotivo polo padal.
A parte musical correu a cargo do recoñecido vimiancés DJ Rokiño, que aportou a banda sonora perfecta á celebración, igual que o día anterior no Centro Español Zofingen. A súa mestura de cancións populares galegas con éxitos internacionais e música dance fixo que todos os asistentes, pequenos e maiores, se xuntasen na pista de baile. O ambiente festivo foi medrando a medida que avanzaba a xornada, coa música como catalizador da diversión e do bo humor. DJ Rokiño, coñecido polo seu carisma e a súa capacidade para conectar co público, conseguiu manter a enerxía ao máximo durante todo o evento, o que contribuíu ao éxito da xornada.
Con pleno aforo e entusiasta asistencia, a Gran Sesión Vermú foi un éxito total. Familias enteiras, amigos e coñecidos reuníronse para compartir un día de alegría, comida deliciosa e música animada. O ambiente que se viviu ao longo do día foi de irmandade e unidade, reflectindo o espírito acolledor e festivo que caracteriza ao Centro Galego de Lyss e aos seus rexedores cuxo sorriso constante che recibe.
Despois de 55 anos de historia, o Centro Español Lyss segue a ser un espazo clave para a comunidade galega en Suíza e eventos como esta Vermut Session reforzan o seu papel como lugar de encontro e celebración de todos aqueles que, a miles de quilómetros de distancia, seguen sentir o latexo da súa terra natal.