Mércores. 17.04.2024
El tiempo

Tenso e pacífico sábado de caza de raposo e protesta en Carnota e Muros

Tenso e pacífico sábado de caza de raposo e protesta en Carnota e Muros

Protesta contra a caza do raposo en larino Imaxe dos activistas protestando contra o campionato galego de caza do raposo, ás portas da carpa instalada no Cemiterio de Lariño Sábado tenso pero pacífico o vivido este sábado en Muros e Carnota. A chegada do polémico “Campionato” de Caza do Raposo á zona (a pesar do expreso rexeitamento dos Concellos de Carnota e Muros) mobilizaba a ducias de colectivos naturalistas contrarios a esta práctica obsoleta e cruel. Pero afortunadamente, a sangue non chegou ao río e tanto os cazadores puideron realizar o seu “torneo” como os activistas puideron amosar con naturalidade a súa oposición, sen confrontacións violentas. Andaina Solidaria convocada polo Colectivo Senda e Anajata Participantes na Andaina Solidaria convocada polo Colectivo Senda e Anajata Finalmente, a xornada saldouse con 18 raposos cazados polos case 150 participantes no campionato. Unha cifra ostensiblemente inferior á do ano pasado (69). “Celebramos que houbese unha baixada de raposos mortos pero descoñecemos se é porque hai menos raposo nos nosos montes ou se debe á molestia que lles produxemos ou é a repercusión mediática que tamén está afectando á caza”, sinala David Miranda, voceiro do Colectivo Senda. Un comprometido Colectivo que artellaba, xunto á Asociación Anajata, unha Andaina Solidaria, en principio concebida para recarda fondos para reforestar con especies autótonas, pero que ante a confluencia dos acontecimentos acabou unindo causa ecoloxista coa animalista para amosar o seu rexeitamento á caza. Apoiados por ducias de colectivos de toda Galicia, varios da zona como Boca de Sapo ou Monte Pindo Parque Natural, e con personalidades como o deputado de En Marea Pancho Casal, ou a candidata polo BNG de Muros María Lago, a protesta pacífica percorreu os montes da zona para espantar aos raposos da zona. A xornada tivo un par de momentos tensos. Un cando varios camiñantes rezagados cruzáronse xa pasadas as 13:00h cun pequeno grupo de cazadores, que lanzaron unha ráfaga de tiros ao aire ameazantes, ante a protesta dun dos propios cazadores, que lles pedían calma e respecto. Xa a partir das 14:00h, a atención trasladouse ao Cemiterio de Lariño, onde a Federación Galega de Caza instalaba unha carpa, complementamente rodeada, para a entrega de premios. Os animalistas trasladaron ata alí a súa protesta e xa puideron facer soar os seus silbatos, trompetas e demais para deixarlles claro que “A morte non é un deporte”. Protesta contra a caza do raposo en larino 2 Protestantes contra a caza do raposo ás portas da carpa instalada pola Fed. Galega de Caza no Cemiterio de Lariño

“O mundo ao revés, o silbato é delito e a escopeta non”

A Garda Civil informou aos caminantes das suas obrigas A Garda Civil informou aos camiñantes das suas obrigas ante o campionato de caza Despliegue da Garda Civil para o campionato de caza do raposo de Muros e Carnota Amplo dispositivo da Garda Civil para o campionato de caza do raposo de Muros e Carnota ”Isto parece o mundo ao revés”, sinalaban algúns dos camiñantes sorprendidos tras ser parados ata tres veces pola Garda Civil polas pistas. Paradas amistosas, en todo caso, que serviron para recordarlle aos activistas que “a lei ampara aos cazadores”, e que “berrar e espantar aos raposos é delito”. Foi precisamente o amplo dispositivo da Garda Civil, con máis de 15 vehículos, o que sorprendeu a uns e outros. Cómpre apuntar, máis que nada como anécdota, que unha rapaza de Anajata foi alcanzada por un perdigón perdido nun rebote, pero sen máis consecuencias.  

#FrankdelaJungla

Frank de la Jungla co seu equipo gravando no Cemiterio de Larino o campionato de caza de raposo Frank Cuesta co seu equipo achegouse á zona a gravar o campionato de caza de raposo Unha das figuras paralelas deste sábado foi Frank Cuesta, o mediático “amante” dos animais que agora ten un programa no que ensina conflitos dende as dúas partes. Achegábase á zona para ver dende dentro un destes “campionatos”, e estivo gravando en todo momento cos cazadores, collendo só opinións dese bando. ”Co Colectivo Senda, promotor da opción de protesta pacífica, non quixo falar”, sinalaba Miranda, que considera que “só buscaba a confrontación para o seu programa-show, no que abordan todo dunha maneira superficial” e que mesmo ás veces busca ridiculizar as loitas sociais e ecoloxistas. Si que falou Frank con varios dos activistas que participaron na "batucada raposa", como Bea Heyder ou o propio Pancho Casal, compartindo experiencias no monte. De tódolos xeitos, parece que Cuesta estará este domingo ás 12:00h no Obelisco da Coruña na concentración convocada por Free Fox, para escoitar o bando naturalista.

”Que é máis violento?”

A falta de atención mediática fai reflexionar á xente de Senda. “Parece que o interese está en xerar unha percepción pública de que o activismo ecoloxista é violento, e ninguén valora o violento que é non poder pasear un sábado polo monte; ou o violento que é contaminar o monte con chumbo; ou o violento que é abandonar os cans ao remate da campaña de caza; por non falar do violento que é asasinar raposos”, apunta Miranda. [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2019/01/27/Activistas-protestan-ante-o-Campionato-de-Caza-do-Raposo-de-Carnota.mp4"][/video]  

Novas relacionadas

Comentarios