Mércores. 04.08.2021
El tiempo

Terra Atlántica e o Parque do Megalitismo da Costa da Morte fíxanse en Europa

WhatsApp Image 2021-07-06 at 18.37.33
Terra Atlántica e o Parque do Megalitismo da Costa da Morte fíxanse en Europa

A pasada tarde tivo lugar no Concello de Laxe unha reunión entre responsables da Marca de Territorio da Costa da Morte-Terra Atlántica, Jose Luis Pérez -alcalde de Laxe e actual presidente da proposta megalítica- e mais Jose María Varela, xerente da Fundación Eduardo Pondal.

Na xuntanza achegáronse posturas e fiáronse estratexias de cara á realización de iniciativas conxuntas para reforzar a identidade da Costa da Morte. Ambas iniciativas, que reman na mesma dirección, avogan por realizar actividades conxuntas, e coinciden no potencial dinamizador das mámoas e menhires como elemento dinamizador da economía da Costa da Morte.

Xa se fixeron en algúns exemplos a nivel europeo, como propostas de dinamización dos roteiros megalíticos a través de redes como a Ruta Europea do Megalitismo, que teñen pleno encadre nos obxectivos deste proxecto e podería achegar á Costa da Morte unha proposta de gran calado, equiparándoa a outros países como Alemaña, Francia, Reino Unido ou os Países Baixos.

comentarios