Luns. 01.03.2021
El tiempo

As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos

Folga no Centro de Dia de Cabana
Traballadoras en folga no Centro de Dia de Cabana
As traballadoras temporais do Consorcio valoran moi positivamente a folga a pesar dos servizos mínimos abusivos

Este xoves 18 deu comezo a folga das traballadoras temporais de Escolas Infantís, Centros de Día e organismos dependentes do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Unha folga que continuará os vindeiros xoves con paróns de 8:00h a 11:00h, pero dende o colectivo #ConsorcioGalegoenLoita queren facer balance do acontecido onte.

Por exemplo, dende o Centro de Día de Cabana valoran moi positiva a convocatoria, pois as 9 secundaron a folga, mantendo uns servizos mínimos de 3 xerocultoras, e agradecen a colaboración das familias, que “apoiaron a nosa reivindicación e asistiron poucas persoas usuarias”.

Dende o Centro de Día de Muros, destacan que “o seguimento foi impresionante, a pesar dos servizos mínimos abusivos fixados, sobre todo para as Escolas Infantís”.

Na comarca tamén fixeron parón as profesionais das Escolas Infantís de Galiña Azul de Carnota, Cabana, Carballo, Ponteceso ou Muros, demostrando a poderosa convocatoria da CNT e o inxusto da súa situación laboral.

Folga no Centro de Dia de Carnota

Cómpre lembrar que a problemática nace da apertura dunha nova convocatoria de 1.500 prazas para estes centros, o que suporá o despedimento de máis de 1.500 traballadoras que levan facéndoo, dende hai 13 anos, con contratos temporais. E agora, a Xunta, a causante desta irregularidade laboral, quere solventar o asunto sen regularizar a súa situación. De aí que o persoal reclame “estabilidade no seu posto de traballo e a paralización da OPE que pode levar ao seu despedimento, cun proceso de regularización de todas as traballadoras temporais en fraude de lei e abuso de temporalidade independentemente da forma de acceso ao seu posto (oposición, listas, subrogación,…)”

Así, a propia CNT fai un valoración de incidencia da folga, sinalando que “é positiva a pesar do abusivo dos servizos mínimos impostos pola Xunta de Galicia”.

Manifestación

Onte celebrouse unha manifestación en Compostela. Por volta dunha hora as traballadoras e traballadores concentrados berraron consignas como “As que estamos quedamos”, "Fixeza xa", "Feijóo escoita, o Consorcio en loita" ou "Non ao ERE ás mulleres", referíndose neste último caso, á evidente discriminación por razón de sexo que se produciría de executarse o plan da Xunta:

”E con bigote”

Hoxe dende a páxina Consorciogalegoengloita están cunha campaña para que Feijoo as reciba, e pregúntanse se “con bigote” as podería recibir.

Consorciogalego en loita con bigote

Novas relacionadas

comentarios