Venres. 26.04.2024
El tiempo

Transportistas da provincia reclamarán o sobreprezo contra o cártel de fabricantes de camións

Transportistas da provincia reclamarán o sobreprezo contra o cártel de fabricantes de camións
Os transportistas da provincia únense contra os fabricantes de camións Os transportistas da provincia únense contra os fabricantes de camións

A Asociación Coruñesa de Empresarios do Transporte (na que 56 dos seus 315 asociados son da zona de Carballo, Laxe, Fisterra, Cee, Corcubión, Muxía, Vimianzo e Zas) vén de valorar moi positivamente a decisión da Comisión Europea que establece unha sanción histórica de 3.000 millóns de euros aos principais fabricantes de campións, por ter concertado un cártel para elevar artificialmente o prezo dos camións.

Así, todos os transportistas que teñan adquirido un camión de mediano a gran tonelaxe (máis de 6 toneladas de MMA) entre os anos 1997 e 2010, poderán reclamar contra ditos fabricantes un sobreprezo que tonda entre o 15 e o 20%.

Ademais, a propia ASCENTRA vai interpoñer a súa primeira reclamación colectiva no mes de xuño.

Poden solicitar máis información na ASCENTRA ([email protected] ou no 981 133 624) ou en http://www.afectadoscartelcamiones.es, ou na Plataforma Galega de Afectados polo Cártel dos Fabricantes de Camiones.

Fonte

  • ASCENTRA.

Comentarios