mércores. 04.12.2024
El tiempo

Tras ano e medio de obras, a autoestrada de peaxe da AG-55 volve ter dous carrís

Tras ano e medio de obras, a autoestrada de peaxe da AG-55 volve ter dous carrís
Ano e medio pagando por un carril na AG-55 Ano e medio pagando por un carril na AG-55

Leva anos a veciñanza pedindo a supresión da peaxe dunha infraestrutura básica como a AG-55 que une Carballo e A Coruña. Lonxe de disfrutar desta quimera, os cidadáns levamos ano e medio pagando unha peaxe por un só carril. Os 55 céntimos que pagamos do treito A Coruña-Arteixo corresponden aos 8 últimos quilómetros de entrada na Coruña, pero durante estes 18 meses, en 4 deses 8 quilómetros non se podía pasar de 60km/hora… E cun pouco de sorte pillabas un camión e a 30…

Hoxe, tras rematar as obras de acceso ao Porto Exterior, devolverannos o segundo carril. A estrada ata o Porto Exterior non se abrirá polo de pronto, pero o seu acceso está listo.

Nós seguiremos pagando esa peaxe, que sumados aos 1,95€, suman 2,5 redondos euros por ir de Coruña a Carballo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios