Venres. 26.04.2024
El tiempo

Piden a recuperación do proxecto integral da Autovía Costa da Morte

Piden a recuperación do proxecto integral da Autovía Costa da Morte
As maquinas existen nas obras da Autovia Costa da Morte

Podemos confirmar e confirmamos, que hai máquinas traballando na Autovía Costa da Morte. I é que levabamos unhas semanas preocupados, pois dende o anuncio da volta ao traballo desta necesaria infraestrutura, e a pesar de moitas viaxes de ida e volta, non viramos nin unha soa. En todo caso, aseguramos que están traballando na zona entre Cabana e Zas.

I é que cómpre lembrar que o novo contrato inclúe só o treito norte, entre Carballo e Baio, algo que xa denunciou o BNG. Un grupo opositor que vai levar mocións polos concellos para rematar a Autovía e retomar o proxecto inicial que remataba en Cee, como valora o grupo municipal.

Lembra o BNG de Cee que “a Autovía da Costa da Morte é unha promesa de hai máis dunha década após a catástrofe do Prestige”. E critica que ademais de recortar o trazado previsto no novo proxecto, duplicou o seu custe, unha decisión fronte a que o “BNG manifesta a súa total oposición a este novo recorte da Autovía e censura a subordinación da Xunta aos intereses dunha empresa privada”.

Por iso, solicitan ao pleno de Cee que “reclame da xunta de Galiza a adopción das medidas oportunas para que se reanuden as obras da Autovía da Costa da Morte, habilitando as partidas necesarias para executar esta obra desde o ámbito público e consecuentemente, aforrando miles de millóns de euros de todos os galegos e galegas. Retomar o proxecto inicial, cando menos, de rematar a autovía en Berdoias e executar un corredor de Bedoias a Cee e executar tamén a variante de conexión dende o final de ese corredor, até o peirao de Brens”.

Novas relacionadas

Outras novas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios