Últimos días para matricularse na FP básica de Cociña e Restauración que se imparte no IES Ramón Caamaño de Muxía
00:35 04/09/24
A dirección do IES Ramón Caamaño de Muxía informa que mañá xoves remata o prazo para matricularse na FP Básica de Cociña e Restauración que se impartirá no centro de ensino.
As persoas interesadas en matricularse poden descargar o impreso a través da páxina web do IES ou na secretaría do propio centro onde se poderá solicita máis información. Tamén é posible resolver dúbidas a través do número de teléfono 881 880 775.