Venres. 04.10.2024
El tiempo

Un estudo sitúa a idade media de inicio do consumo do alcohol nos 9 anos

Un estudo sitúa a idade media de inicio do consumo do alcohol nos 9 anos
asociacion-vieiro-programa-construe-teu-mundo A asociación Vieiro vén de presentar os resultados dun estudo realizado entre alumnado de 1ª a 4º da ESO Ao redor dun 30% de menores con idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos reclaran que estiveron en contacto co cannabis. Incluso unha pequena porcentaxe recoñece que o consume habitualmente situando a media de idade de inicio no consumo desta sustancia nos 12,6 anos. Así se desprende do estudo realizado pola Asociación Vieiron durante o 2º trimestre do 2017/2018 no ámbito escolar no marco do programa "Constrúe o teu mundo". Os datos - presentados pola responsable de Prevención, María del Pilar Mata, e a educadora social de Vieiro, María José Dosil - son a conclusión dun cuestionario anónimo realizado a 1.100 escolares de educaciíon secundaria. No caso do tabaco, a porcentaxe dos que o probaron sitúase no 10%, mentras que o 3% declara consumilo habitualmente. "Con respecto a anos anteriores percíbese un descenso no consumo do tabaco xa que cerca do 85% asegura non probalo nunca", sinalan dende Vieiro. O que sí non cambio foi o patrón de inicio de consumo: ás agochadas, solo/a ou en compañía dos seus colegas ou dalgún familiar de idade similar. A idade media de inicio do consumo sitúase ao redor dos 11 anos. Segundo este estudo, o caso do alcohol é diferente xa a porcentaxe dos que o probaron supera o 50%; é dicir, máis da metade do alumnado. A idade media do inicio do consumo sitúase ao redor dos 9 anos e normalmente fano nun contorno familiar e festivo. "Este tipo de actitude permisiva frente ao consumo de alcohol así como a súa normalización potencia a aparición de futuros consumidores, xa que se repiten comportamentos que se entenden como normais dentro da contorna máis próxima", sinalaron os técnicos de Vieiro durante a presentación do estudo. Consumos de 3º e 4º da ESO O programa "Constrúe o teu mundo" tamén se levou a cbo entre o alumnado de 14 e 16 anos, correspondente aos cursos de 3º e 4º da ESO extraéndose un datos máis alarmantes se cabe. Con respecto ao consumo de tabaco, a porcentaxe de consumidores habituais aumenta ata o 13% os que aseguran consumilo todas as semanas e o 10% unha vez ao mes. No caso do alcohol os datos son aínda máis preocupantes, xa que tan só o 20% dos encuestados asegura que nunca o probou. Os consumidores habituais de alcohol sitúase no 30% (unha vez ao mes polo menos) e un 12% faino todas as semanas. "Nestas idades o ocio nocturno e o binomio diversión-alcohol pode facer que esta última porcentaxe se dispare, xa que son moitos os que afirman beber alcoholo cada vez que salen", aseguran dende Vieiro. Disto despréndese que ainda que agora se detecte ao redor do 12% de consumidores semanais, esta porcentaxe incrementarase notablemente ao mesmo tempo que comecen a saír de forma habitual. Un 4% dos encuestados de 14 a 16 anos recoñece que todas as semanas consume cannabis, mentras que un 5,5% asegura facelo unha vez ao mes. Disto depréndese que a idade media o inicio do consumo é de 14,78 anos. Por outro lado, con este estudo detectáronse consumos tanto de cocaína como de outras drogas de síntese. No caso da cocaína case un 2% de alumnos e alumnas probaron esta sustancia, existindo tamén pequenas porcentaxes de consumos de polo menos unha vez ao mes e todas as semanas. Dende Vieiro sinalan que estes datos demostran "unha realidade preocupante" no uso e abuso de sustancias adictivas polo que recalcan na importancia de continuar coa labor preventiva e na responsabilidade do contorno familiar, social e educativo, piares fundamentais no desenvolvemento evolutivo e psicolóxico dos menores. Con todo, sinalarn que estes datos débense tratar con cautela xa que pode que non sexa unha reproducción exacta da realidade debido a que moitas responstas poden estar influenciadas pola deseabilidade social, pola presión dos/as compañeiros/as ou ser contestadas sen comprender o enunciado correctamente.

Novas relacionadas

“Vieiro axuda aos moz@s carballeses a sacar o carnet de conducir” — Que pasa na costa Fonte

Comentarios