Martes. 16.04.2024
El tiempo

Meigalicia sae na procura do cogumelo pola Costa da Morte

Meigalicia sae na procura do cogumelo pola Costa da Morte
Primeira saída na Costa da Morte A Procura do Cogumelo. Da man da empresa de turismo alternativo Meigalicia, unha ducia de visitantes disfrutaron da primera escapada ao monte de temporada. Os integrantes da expedición auscultaron os ricos montes da zona de Zas, parando a facer o pic nic na fermosa paraxe de Pedra Vixía. Escoitaron con anhelo as explicacións dos especialistas de Pan de Raposo, e sobre todo, aprenderon a diferenciar os cogumelos tóxicos da zona, e a distinguir as especies comestibles máis habituais. Ao remate, todos de volta á Casa de Turismo Rural a degustar o colleitado. Porque xa se sabe que candoo colleita un mesmo, sabe mellor.

Máis información

Novas relacionadas

Máis novas

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Fonte

Comentarios