Un novo apoio económico para Afaber, Aspaber, Vieiro, Apem e San Xoán Bautista
Sempre é pouca a axuda para as entidades sociais que traballan na zona. Polo que foi tremendamente benvida a chegada da Obra Social "la Caixa" a Bergantiños. A entidade, o Concello de Carballo e cinco entidades sociais da zona veñen de asinar un acordo. En total, a entidade bancaria achega 45.000 euros.
Deste xeito, as Aspaber, Afaber, APEM, Vieiro e o Centro Social San Xoán Bautista, poderán desenvolver diversos proxectos. A maior das cinco achegas concedidas, que ascende a 10.000 euros, terá como destino o Plan de emerxencia social do Concello de Carballo. A axuda recibida permitirá subministrar alimentos, medicamentos e cubrir servizos básicos para os veciños e veciñas como a auga ou a electricidade.
Ademais, aportará 5.000€ a cada entidade. A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Bergantiños (Afaber), organizaranse talleres de estimulación físico cognitiva; a Asociación Antidroga Vieiro levará a cabo programas de prevención de drogodependencia; a sede na comarca da Asociación Pro Enfermos Mentais de A Coruña (APEM) reformará un local para desenvolver obradoiros ocupacionais e un centro de día; o Centro Social San Xoán Bautista avanzará na apertura dun piso de acollida para persoas en risco de exclusión social; e a Asociación de pais e nais de discapacitados psíquicos de Bergantiños (Aspaber) continuará co seu labor a prol das persoas con discapacidade intelectual e das súas familias
Estiveron na cita o Acalde de Carballo, Evencio Ferrero, o director de área de negocio de "la Caixa" na Coruña, José Manuel Caamaño; e representantes de todas as entidades beneficiarias das axudas, Afaber, con Jesús Manuel Villar Antelo; Aspaber, con Dolores Fernández; Vieiro, con Xosé María Arán; APEM, con Isabel García; e o Centro Social San Xoán Bautista co cura párroco José García Gondar.