Unha polémica remodelación do Porto de Caión cunha terraza no punto de mira


Non para o moderno proxecto de remodelación a pesar da polémica xerada ao seu redor, e a pesar de que o Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, ao Alcalde de Laracha e a Evaristo Lareo (recentemente renomeado Presidente da Fed. de Confrarías de Galicia. Xa pasou un ano dende as primeiras denuncias, pero a polémica segue presente.
Hoxe é a Asociación Punta da Senreira a que sae á voz pública. Lembra as "denuncias contra o uso irregular do chan na entrada ao Porto de Caión" e sinala que "Caión volve ás andadas baixo o incumprimento da Normativa de Terrazas que o alcalde négase a facer cumprir".
Segundo a entidade "a terraza denunciada saca cadeiras e mesas de debaixo das pedras. O aparcadoiro dos usuarios da Lonxa de Caión, é un exemplo. Onte ao mediodía, só nesa zona, había varias mesas montadas nos seus aparcadoiros". Así, destaca que "o Concello de Laracha non concedeu a licenza de terraza por que baixo a normativa é imposible a súa autorización".
Novas relacionadas
- Da importancia dun bo servizo de hostelería: Aprendendo de viños.
- 12-03-12: Continúa a remodelación do Porto de Caión a pesar das protestas sociais.
- 22-09-11: Comezan as obras para facer un porto diferente en Caión.
- O Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, a Evaristo Lareo e ao Alcalde de Laracha.
- Caión terá un novo campo de fútbol.
- Evaristo Lareo implicado nunha trama de corrupción en Caión que afectou á desaparición do campo de fútbol.
- Remodelación completa para facer un porto diferente en Caión .
Fonte
- Nota de prensa da Asociación Punta da Senreira.