Unha verdade incómoda
12:12 01/06/16
16321 bastonciños recollidos por Mar de Fábula
Por un concepto antigo, por un costume atávico, pensamos que o mar é un saco sen fondo, que pode con todo. O mar é o Pañol Grande para os mariñeiros do Gran Sol, o mar é o patio de atrás ou o patio do veciño para a xente de terra.
En apariencia, están a mudar as cousas cando asistimos ás declaracións dos principais organismos a nivel mundial expresando a súa preocupación polo cambio climático, pola pérdida de biodiversidade, pola acidificación dos océanos ou pola contaminación dos plásticos no mar. O último gran show ten sido a Conferencia do Clima de Paris , en decembro 2015. Dirixentes de 195 países estamparon as súas sinaturas para reducir as emisións de CO2 á atmósfera , para reducir o quentamento global, para evitar que no ano 2050 nos chegue a auga do mar ao pescozo.
Xa está ás portas o Dïa Mundial do Medio Ambiente, de camiño síguelle o Día dos Océanos. Faremos actos, celebracións, moitos cheos de contido, moitos só de cara á galería, despois, todo seguirá coa mesma inercia.
Non serán os grandes líderes os que salven o planeta. A solución só poderá vir de nós, da xente de a pé, das nosas decisións.
Dende a asociación Mar de fábula propoñemos tomar unha iniciativa, pioneira no noso país, para dar un paso moi importante na defensa do medio ambiente mariño.
A nosa asociación ten previsto comenzar o próximo día 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, unha campaña pública de información e concienciación cidadán que levará por título : “A TÚA CASA NON QUEDA TAN LONXE DO MAR”. O seu obxectivo será informar sobre a necesidade de atallar un perigoso contaminante do medio mariño que chega ás nosas praias por ducias, por centos ou por milleiros segundo sexa a situación xeográfica da praia con respecto ás poboacións.
Estamos a falar dos bastonciños de algodón, un dos principais contaminantes do medio mariño a nivel mundial.
Na nosa organización levamos nove meses monitorizando este refugallo plástico en catro praias piloto da área metropolitana da Coruña ao tempo que temos feito mostraxes aleatorias todo ao longo da Costa da Morte Os datos recollidos son alarmantes e poñen de mañifesto a existencia dun grave problema de contaminación ambiental no mar.. Xa nos rexistros de limpezas que temos feito nestos dous últimos anos, tíñamos recollido e levado aos contenedores moreas de bastonciños de algodón coma un integrante máis do lixo mariño. Temos información da súa presencia, dende hai moito tempo, en todas as praias de Galicia e tamén nas beiras dos ríos.
En Mar de Fábula chegamos á conclusión de que xa era hora de lle prestar atención a este anaquiño de plástico.
Os bastonciños de algodón actúan como testigos dunha contaminación específica, aquela provocada polo comportamento irresponsable dunha parte da poboación que elimina os produtos de hixiene íntima polo W.C. Son o residuo máis numeroso con esta orixe pero non viaxan sós. Aparecen tamén na area aplicadores de tampax, toalliñas, cueiros, cabichas …Estos produtos eliminados polos inodoros en milleiros de toneladas ao ano a nivel mundial, producen con frecuencia atascos nas tuberías de conduccións das augas residuais, xenerando costes millonarios, tanto no noso país (non hai datos) como noutros países europeos, que sí sácanos á luz. Por exemplo Water UK ( o equivalente de Augas de Galicia no Reino Unido) calcula que un 75% dos atascos que se producen nas redes de saneamento británicas son provocados polos produtos hixiénico-sanitarios eliminados polo W.C.. No ano 2014 tiveron un coste de 80 millóns de libras na resolución destos atascos.
Ao mesmo tempo, os bastonciños de algodón son potenciais portadores dunha contaminación biolóxica debido á súa orixe e ao medio no que viaxan. Xa a simple vista, a súa presencia nas praias produce un efecto visual desagradable sabendo da súa procedencia.
Estos bastonciños de plástico, normalmente fabricados de polipropileno, aparecen na area rotos e aplastados nunha alta porcentaxe. Este feito pode ser indicio de que a súa degradación no medio mariño sexa máis rápida que outros plásticos. A esta constatación nas nosas mostraxes, habería que engadir o feito de que o seu pequeno tamaño ( 730x2mm.) siñifica que, de partida, teñen xa moito camiño percorrido para chegaren á fase de microplásticos (< 5mm.), a fase máis perxudicial para a vida nos océanos.. Ao ser tan miudos, os microplásticos poden ser tragados polas aves ou pola fauna mariña ao seren confundidos con comida. Neste segundo caso, inxeridos por especies con valor comercial , entrarían na cadea alimenticia, rematando o ser humano por consumir a propia contaminación que orixina.
A Unión Europea na súa Directiva de Estratexia Marco para o Medio Mariño (MSFD ), de cara a conseguir un Bon Estado Ambiental (GES), a nivel europeo para o ano 2020, no anexo I, descriptor 10, relativo ao lixo mariño, manifesta que.” (….) limpar os océanos é unha opción ,sen embargo non é o método máis eficiente para retirar e prevenir o lixo mariño. A mellor solución é atallar o problema na súa orixe”.
Aquí é onde xurde o factor positivo deste específico problema de contaminación ambiental. Dunha botella de plástico na beiramar non sabemos a súa procedencia. Desta contaminación ambiental coñecemos a súa orixe certa: Os cuartos de baño das poboacións. Xa que logo, temos a solución ao alcance da man.
Compre informar e sensibilizar á cidadanía que só con introducir un pequeno cambio nos seus costumes no cuarto de baño teríamos a solución dun serio problema de contaminación ambiental, problema do que non se fala porque é incómodo, porque toca á nosa máis estricta intimidade. A mensaxe é clara. Non eliminar os produtos de hixiene íntima polo váter se non depositalos no contenedor de lixo inorgánico que todos temos na nosa casa. Esta simple decisión, ademáis de siñificar a eliminación desta perigosa contaminación do mar, marcaría un despertar na concienciación individual e colectiva.para asumir cada un de nós a nosa cota de responsabilidade de cara a traballar pola sustentabilidade do planeta.
Esta simple decisión tería un resultado práctico moito máis grande que todos os discursos do Cumio de París.
- Xosé Manuel Barros. Cofundador da Asociación Mar de Fábula.
- O impacto ambiental dos bastóns de algodón
- As criaturas caóticas de Mar de Fábula chegan á praia de Ariño
- Mar de Fábula falará co mar nos coídos do Touriñán
- Mar de Fábula recolle 560 bastonciños de algodón en cen metros de praia
- Mar de Fábula mobiliza ao voluntariado para limpar a praia do Lago
- Mar de Fábula e as mariscadoras recuperan a enseada da Basa
- Os voluntarios de Mar de Fábula curan a ferida plástica do Coído de Touriñán
- Unha fábula moi ecolóxica.
- A Costa móllase polas súas praias.
- A veciñanza salva os areais.
- Limpeza Simultánea 2013: Limpando praias e conciencias.
- Plásticos que invanden areais.
- Loitando contra a invasión do plástico.
- Crebas en forma de tartaruga e chapapote en Fisterra.
- Redacción QPC ([email protected])
- Mar de Fábula