Máis de 2.000 raíñas de velutina capturadas no primeiro mes de campaña de trampeo en Cabana e Zas

Son poucos os Concellos comprometidos na loita contra a avespa velutina. Pero os que son, están en loita. Así acontece en Zas e Cabana, onde tras un mes de campaña de trampeo fixeron o primeiro balance.
As 221 trampas instaladas no termo municipal de Zas (por 5º ano) capturaron máis de 1.200 raíñas. Unha campaña que conta coa colaboración de 132 veciños e veciñas, e que conseguen evitar así a formación doutros tantos niños de vespa velutina.
A campaña de trampeo, xestionada pola empresa Plaguiber. Cabe lembrar que no momento en que comecen a aparecer os primeiros niños segue a ser moi importante a colaboración veciñal. Para iso débese de comunicar o aviso para a súa retirada no número de teléfono 012 da Xunta de Galicia.
Mentres, en Cabana, onde se colocaron un 260 trampas (180 veciñais), o primeiro mes saldouse cunha captura de máis de 750 raíñas. iniciativa prolongarase ata o vindeiro 15 de xuño. As persoas que queiran solicitar dispositivos de captura e líquido atraínte poden facelo a través do formulario en liña.
NOVAS RELACIONADAS
- Marzo 2022: Concello de Zas e veciñanza volven abrir a campaña de trampeo da velutina.
- Marzo 2022: Carballo invita a participar na campaña contra a velutina.
- Marzo 2022: A Laracha comeza unha nova campaña de trampeo contra a velutina.
- Xullo 21: Máis de 20.000 raíñas de velutina capturadas entre Camariñas e Zas.
- Xullo 21: Carballo remata a campaña de trampeo de velutina multiplicando por 3 as capturas de raíñas do ano pasado.
- Maio 21: Multiplícanse por 4 as capturas de velutina.
- Xuño 2020: Remata a temporada de trampeo, toca loitar contra os niños.
- Xuño 2020: Ratifican o aumento da presencia de Avespa velutina.
- Maio 2020: As campañas de trampeo demostran a expansión da avespa velutina.
- Pedro: “Os Concellos estamos atados para loitar contra a avespa velutina”.