Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Vía Inqueda descobre a foresta de Lugo dende Bergantiños

Ruta por Lugo con Via Inqueda
Imaxe da ruta do pasado domingo
Vía Inqueda descobre a foresta de Lugo dende Bergantiños

Dende Vía Inqueda arrincaban a semana pasada un novo programa de andainas. Este pasado domingo celebrouse a primeira das andainas pola comarca da Ulloa, no centro xeográfico de Galicia, a cabalo entre as provincias de Pontevedra, Lugo e a Coruña. O castelo de Pambre ou os torrentes de Mácara foron algúns dos lugares destacados por onde pasaron os participantes nunha expléndida xornada de sendeirísmo.

Unhas rutas de sendeirismo terán o obxectivo tradicional do aprendizaxe, con visitas continuadas a lugares de interese cultural ou paisaxístico. As excursións saen dende Bergantiños e teñen todas un nexo común, que é a parte central da provincia de Lugo.

Os lugares a visitar son espazos de interese e o xeito paseniño de realización dos itinerarios convida ao aprendizaxe e a a búsqueda da reflexión sobre o entorno que nos rodea.

As andainas estarán guiadas polo Guía de Montaña AEGM Jose Manuel Menéndez, promotor da iniciativa VÍA INQUEDA e serán en diferentes domingos dos meses de febreiro e marzo cunha dificultade baixa para todos os percorridos.  

Aquelas persoas que queiran informarse ou anitarse ás andainas poden facelo dende o mail [email protected] ou no teléfono 696155232.

Programa rutas Via Inqueda

Máis novas

Comentarios