Vía Inqueda lanza 6 rutas de inverno para gozar o noso patrimonio natural
O grupo Vía Inqueda vén de lanzar unha interesante proposta sendeirista para gozar das mellores carballeiras da comarca. Aproveitando o inverno, nestes 3 meses de decembro, xaneiro e febreiro, ofrecen 8 saídas en dous escenarios diferentes: a Costa da Morte ( A Coruña) e o Parque Natural de Redes (en Asturies).
Os Camiños da Costa da Morte acollen seis propostas. Este domingo 11 de decembro xa comezan as citas co sendeiro Chan da Embarrada, por Coristanco.
O domingo 18 será pola Cova do Lobo, polas carballeiras de Zas.
Xa o 8 de xaneiro toca unha viaxe polas paisaxes de Man, por Camelle. O 15 de xaneiro polos tesouros meghalíticos da comarca de Soneira; o 22 de xaneiro polo Monte Pindo, e o 5 de de febreiro polos Penedos de Traba e Pasarela.
Para as citas asturianas, no Parque Natural de Redes, haberá dúas andainas e haberá posibilidiade de viaxar en grupo dende Bergantiños.
Para anotarse podes descargar os formularios na web de Vía Inqueda e envialos a [email protected].