Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Vía Mariana une Portugal coa Costa da Morte

Potugal- Vía Mariana 1
A Vía Mariana une Portugal coa Costa da Morte

Representantes municipais de Vimianzo, Mazaricos, Santa Comba e Muxía, así como da patronal APTCM e da Asociación Vía Mariana Luso Galaica, acodiron onte ao II Encontro Transfronteiriço de Presidentes de Cámara e Alcaldes da Vía Mariana, celebrado na localidade portuguesa de Melgaço.

Un encontro para asinar un acordo de colaboración para promocionar e divulgar a Vía Mariana, o itinerario que une os antigos santuarios de devoción mariana que ten o seu inicio en Braga e o seu fin na vila de Muxía. Esta ruta cultural e espiritual pretende recuperar antigos camiños históricos polos territorios do interior de Galicia e norte de Portugal.

Entre os acordos adoptados figuran tamén o compromiso de traballar para incluír este itinerario na lista de camiños Culturais Europeos do Consello de Europa; velar polo patrimonio material e natural vinculado ao itinerario; favorecer a acollida de peregrinos en tránsito e colaborar, na medida do posible, por unha sinalización da ruta óptima para o tránsito libre e seguro de persoas.

A alcaldesa, de Vimianzo, o Concello que máis ten apostado por esta vía, Mónica Rodríguez, destaca a importancia do documento asinado este xoves “xa que significa un novo compromiso por seguir promocionando, visibilizando e coidando o noso patrimonio, a nosa cultura”. “A Vía Mariana é un itinerario natural e cultural que pon a Vimianzo no punto de mira turístico, o que sen dúbida repercutirá en beneficio de todos e todas”.

Máis novas da Vía Mariana

Comentarios