Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral

Última hora: A Xunta informa de que a hostalería pechará a partir do sábado.
Mapa covid 30-10-2020
Mapa da incidencia do COVID a 30-10-2020
Vimianzo, primeiro concello costeiro que sofre o peche perimetral

A Xunta de Galicia a través da Consellería de Sanidade ordeou esta mañá o peche perimetral do Concello de Vimianzo, tras os casos positivos por coronavirus detectados nos derradeiros sete días. As restricións de nivel 3 aplicaranse, a lo menos, ata o vindeiro martes (serán revisadas nun máximo de 7 días), pensando sobre todo en controlar as posibles xuntanzas familiares polo Día de Defuntos.
De feito, as reunións sociais e familiares quedarán restrinxidas aos convivintes.

Así, esta medida provisional aplicarase durante os vindeiros sete días, a contar a partir desta mesma tarde de venres 30 de outubro, a partir das 15:00h (a Xunta publicou o DOG este mesmo venres ás 14:40h) e tan só se poderá saír da localidade por temas laboráis ou médicos.
 

Seundo informa GC, son un total de 1,2 millóns de galegos os que sofren estas novas restricións, segundo anunciou a Xunta a través dos medios, e á espera da publicación do DOG. Os peches perimetrais afectan as 7 cidades, e unha serie de áreas da xeografía galega.

Incidencia na Costa

Segue sendo 10 os Concellos afectados por COVID.

En Nivel 3, ademais de Vimianzo se manteñen os Carballo e Muros.

En Nivel 2 están Santa Comba, Malpica e A Laracha

En nivel 1 atópanse os Concellos de Fisterra, Camariñas, Laxe e Ponteceso.

Son 4 os hospitalizados no HVDX.

Máis novas do COVID

 

Comentarios