Xacobo de Toro, 5º mellor docente de Secundaria de España: “É necesario reducir o ratio de alumnado por aula”

11:06 11/01/19


”Vou a clase a pasalo xenial cos meus alumnos”

Melloras no Sistema eduativo
Xacobo ten claro como deberían actuar o goberno: “O sistema educativo require dunha lei educativa pensada para durar anos e que ten que ser consensuada por todos. Non podemos ter este baile de leis que desconcerta e causa malestar a toda a comunidade educativa e, nin moito menos, impoñer unha lei como a vigente que se impuxo sen atender aos axentes implicados. O docente e o seu alumnado teñen que sentirse valorados e dotados de medios para poder crear a mellor contorna de aprendizaxe posible. Isto tradúcese nunha maior dotación económica dedicada a educación nos Orzamentos Xerais do Estado, pero, sobre todo, unhas ratios de alumnado na aula que permitan facer o seguimiento de calidade aos mesmos e que poida atender realmente ás necesidades específicas e de diversidad funcional”, explica. Xacobo considera tamén fundamental a formación continua do profesorado. “Deberíase, ademais, facilitar máis a colaboración entre profesores, en aras de mellóraa e difusión de boas prácticas. É clave tamén fomentar que o profesor presente en xornadas e congresos as súas dinámicas de aula e resultados”. Ademais, considera que “habería que trazar máis estratexias nas que participe toda a comunidade educativa e a sociedade en xeral para unha implicación real de todos na educación do alumnado”.
Charla este sábado
Este sábado estará no Museo Nacionat de Ciencia y Tecnología da Coruña (MUNCYT), no marco dos Encontros EDAULABLOG. Farao cunha charla sobre a expedición Balmis e Isabel Zendal, un fito sanitario que partiu da Coruña a principios do século XIX para levar a vacina da viruela a America.Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/un-mestre-da-costa-da-morte-entre-os-5-mellores-docentes-de-espana/- Xaneiro 18: Bergantiños, capital da docencia en ciencia.
- Xacobo de Toro: “Que o pasen ben ca ciencia”.
- Cando divulgar a ciencia trae premio.
- Xeoclip: aprendendo de xeoloxía dende o Youtube.
- A lingua de Malpica é campal, che!.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).