Xornada de Portas Abertas para comprobar que o Deporte é clave na inclusión

07:18 24/05/17

A inclusión é o lei motiv desta entidade e nesa liña van enfocadas todas as actividades que se exporán nesta xornada.
Por exemplo, será unha boa ocasión para vivir en primeira persoa a experiencia de sentar nunha cadeira de rodas de competición e xogar en igualdade de condicións que os xogadores con discapacidade física ao baloncesto. Faranse tamén partidos a Goalball, o fútbol dos cegos, utilizando antifaces e balón con cascabeis. Haberá tamén esgrima, unha cita para os Pequechefs e unha Másterclass de zumba e jumping (coa colaboración de WorldFit Carballo).
A xornada arrincará ás 10:00h co basket en cadeira de rodas, hora dende que se abren os inchables para os máis peques.
Novas relacionadas
- A inclusión defintiva a través do fútbol.
- As entidades sociais amosan os éxitos da inclusión costeira.
- A Costa da Morte, referente educativo na diversidade.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).