Sábado. 05.10.2024
El tiempo

Xosé Regueira: “O que estamos facendo na Deputación é revolucionario”

Xosé Regueira: “O que estamos facendo na Deputación é revolucionario”
Falamos con Xose Regueira, deputado carballés Falamos con Xose Regueira, deputado carballés 3º Tenente de Alcalde e Concelleiro delegado de Promoción Económica do Concello de Carballo, Deputado de Cooperación, Plans provinciais xerais, Asistencia a municipios, Turismo e Patrimonio histórico-artístico da Deputación da Coruña, e responsable do BNG de Bergantiños. Son todos os cartos que ostenta Xosé Regueira, un dos homes máis activos da política provincial neste último ano. Un ano de moitas novidades a nivel municipal, comarcal e provincial. E precisamente queremos preguntarlle cousas d diferentes “alturas”.
  • QPC: Comezando a nivel provincial. En que cambiou a relación entre a Deputación e os concellos dende a vosa chegada ao goberno da Deputación?
Temos feito algo revolucionario na Deputación. Eu levo dende o ano 94 e creo que o fixemos este ano é verdadeiramente importante, e creo que non se lle está dando a atención que merece. Falo do POS+ - Plan Único de Concellos, a través do cal unificamos ata 11 liñas de subvencións concretas (Deportes, Cultura, Benstar…) xunto do PAS, o POS e o Crédito PAI. Que conseguimos con isto? Conseguimos que os Concellos teñan máis autonomía, conseguimos simplicar os trámites (reducimos máis de 1000 expedientes, facilitando o día a día municipal); os Concellos non teñen que aportar nada, pois son axudas ao 100%; son axudas con criterios transparentes, os criterios POS, polo que todos os Concello xa saben canto van recibir ao comezo de ano e poden facer planificación, acabando ademais coa discrecionalidade política; ademais é un programa que está aberto todo o ano, polo que calquera remanente que nos vaia quedando na Deputación se pode ir destinando directamente para os Concellos. É certo que o Programa tamén ten os seus perigos, pois unha vez que os Concellos teñen máis autonomía, isto tamén os obriga a ser máis responsables. Ti podes destinar todo a asfalto ou adicar parte á cultura. xose-regueira-na-presentacion-do-plan-unico-de-concellos-da-deputacion Xosé Regueira, á esquerda, na presentación do Plan Único de Concellos da Deputación  
  • QPC: Daquela, segue pensando que as Deputacións sobran, como considera o BNG?
Absolutamente, e precisamente este Programa vai nesa liña, adelgazando a Deputación, dando moita máis importancia aos Concellos, que son os que están máis próximos á cidadanía e que son os que teñen que xestionar os cartos, pois ademais son os escollidos democraticamente. Este Plan precisamente demostra que podería ser directamente a Xunta a que distribúa os fondos dun xeito máis cómodo e transparente.  
  • QPC: Imos baixando. Xa a nivel comarcal, que pasa co CMAT? Cóntannos que xa hai algunha subvención que se perdeu polo camiño?
Pois a veradde é que si, tense renunciado a algunha subvención e somos todos un pouco responsables… O CMAT adoece dos problemas de calquera entidade que está comezando. Ben é certo que eu defendo o modelo de Consorcio, que pode funcionar moito mellor porque dá seguridade á xestión. Pero neste caso foi a Xunta, do PP, a que favoreceu a creación desta Asociación que nace con moitas dúbidas legais. Agora o CMAT é a ferramenta que temos e temos que apoiala. O problema é que nace con moita dose de voluntarismo, tendo en conta ademais a precaria situación económica de moitos concellos. A verdade é que está costando que funcione ao 100%. Agora fai falta deixar traballar á Xerencia, que xa está contratada, e esperar que dea os seus froitos. En 2017 os Concellos temos que remar.  
  • QPC: Que falta no sector turístico da bisbarra? Unión? Traballo? Confianza?
Hai que analizar como está o sector do turismo na Costa da Morte. Necesitamos profesionais, tanto nos Concellos como nos establecimentos. En Carballo deixamos traballar aos técnicos de turismo, pero vemos que hai moitos concelos co apelido “turístico” que non teñen especialistas. E os alcaldes non son especialistas. Nese sentido dende a Deputación temos aberta unha liña para contratación de técnicos de planificacion turística, e instauramos unhas reunións cada 4 meses cos resposanbles municipais do sector. É certo que fai falta melloras na sinalización, nas comunicacións… Pero sobre todo fai falta formación, e non só dos hostaleios se non tamén a nivel estratéxico, dos empresarios. Hai que decatarse, por exemplo, na diferencia entre gasto e investimento. E temos que saber que cousas funcionan no noso territorio, non vale copiar todo o que se fai por aí adiante. Agora todos queremos o noso vídeo e a nosa web pero logo non queremos empregar unha parte do orzamento para coidala e difundila. Ademais hai outras cousas. Aínda non seguimos preguntando cales son os marcos do Xeodestino. É un territorio moi amplo, e cada un mirando o seu. Segue habendo demasiados localismos. En todo caso, creo que xa fixemos algo de autocrítica. Eu levo dende 2004 e é certo que avanzamos moito. Hai que seguir insistindo. O que está claro é que temos recursos de sobra que se venden sós. Se noutras zonas tivesen o Camiño dos Faros, xa terían feita toda unha estratexia turística arredor del, e nós temos faros, cabos, dolmentes, castros, castelos… Pero todo demasiado atomizado. Un aquí intentando difundir isto; outro alí intentando dinamizar o outro… Hai que unirse máis. xose-regueira-bng Carballo segue a ser un concello atípico. Sempre se fala da emigración e nós somos dos poucos que medramos. Temos débeda financieira 0. Non se pechou ningún servizo, máis ben todo o contrario, xa se segue investindo máis que nunca. A nosa situación é envexable. E os Orzamentos deste ano van nesa liña, focalizando moito en Benestar Social, e facendo un especial fincapé no tema da Formación. Estamos dándolle máis relevancia á formación continua en materia de hostalería, en Cociña, sendo o único centro da Costa da Morte que o fai, con especial atención a desempregados para fomentar a reciclaxe, pero tamén a profesionais, para mellorar o sector e moi enfocada á colocación de alumnos. Precisamente cómpre nombrar o traballo da Bolsa de Traballo Municipal que tan bos resultados está dando, non só a nivel local se non tamén comarcal, pois temos moita xente doutros concellos da zona. Temos claro que a Promoción Económica ten que estar vencellada á Cultura e ao Turismo, por iso sabemos que temos que ser nós os que invirtamos en temas como Derrubando Muros con Pintura que parte da idea da rexeneración urbana e social a través da arte e da cultura. Nós non temos un cabo ou un dolmen, por iso temos que pintar paredes.  
  • QPC: Que tal a relación coa oposición?
Non me gusta falar da oposición. Cada un sabe o que ten facer pero sempre mirando o mellor para a sociedade. Eu discrepo en moitos argumentos nos debates, pero non vou ser eu o que defina o seu traballo. Persoalmente temos unha boa relación, civilizada, e así o demostra a súa participación en cantidades de reunións e xuntas de portavoces. Creo que o que estamos pelexando no BNG para que pase noutros concellos, en clave de diálogo, aquí dase. Un exemplo podería ser a cantidade de mesas que houbo arredor do PXOM, cando vemos que noutros concellos se aproba case sen falar ca oposición.  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios