Luns. 07.10.2024
El tiempo

Xullo remata con case 700 parados menos na Costa da Morte

Xullo remata con case 700 parados menos na Costa da Morte
As maiores baixadas rexistraronse no sector servizos e no da construccion As maiores baixadas rexistraronse no sector servizos e no da construccion O paro baixo na Costa da Morte no mes de xullo, con respecto ao mes anterior, en 689 persoas. Segundo se desprende dos datos publicados onte polo Ministerio de Emprego, o número de parados na bisbarra ascende a 9.830 rompéndose así a barreira dos 10.000. Ao igual que no mes de xuño, a maior baixada de desempregados rexitrouse na comarca de Bergantiños, onde un total de 313 persoas abandoaron as listas do antigo INEM. Carballo, capital de comarca, tiña a 31 de xullo un total de 3.067 parados. Pola conta, nos municipios que forman o Xallas tan só houbou unha variación de 11 parados menos ca no mes anterior. Santa Comba ten ainda 666 persoas en situación de desemprego. A campaña estival segue deixándose notas nos concellos de Muros e Carnota, onde 81 persoas conseguiron traballo o mes anterior. Os municipios que compoñen a comarca de Soneira rexistraron en xullo un total de 96 parados menos ca no mes anterior mentras que na de Fisterra foron 188 as persoas que firmaron un novo contrato na Seguridade Social. Os datos foron mellores a nivel galego, xa que Galicia situouse como a segunda comunidade onde máis baixo o paro despois de Andalucía. Respecto a fai un ano, o desemprego baixou no conxunto da comunidade en 20.914 persoas; un 9,67% menos. Por actividade económica, o sector no que máis baixou o paro foi no servizos, seguido do da construcción. As mulleres seguen sendo o sexo con máis paro e por tramos de idade, os menores de 25 anos son os que engordan as listas do paro. Novas relacionadas Fonte

Comentarios