Martes. 23.04.2024
El tiempo

A Xunta vacinará primeiro a pesca de altura e deixará a baixura para o final

Porto de Camarinas
A Xunta vacinará primeiro a pesca de altura e deixará a baixura para o final

Anunciaba onte a Xunta que xa está a realizar as xestións necesarias para organizar a loxística da vacinación do sector do mar tras recibir a autorización do Goberno central. De feito, xa comezaron o intercambio de dato co Instituto Social da Marina, para ter os datos máis axilmente.

Non pon prazos o ente autonómico, pero si sinala que o proceso de vacinación dos mariñeiros “debe comezar polas frotas de altura e gran altura e continuar pola baixura tendo en conta as especiais características do sector”. Explican que “en moitos casos son barcos que realizan mareas de máis de 10 días e non contan coa posibilidade de atención sanitaria inmediata ao tempo que se enfrontan ás dificultades para manter as distancias de seguridade”.

Mentres, o proceso de vacinación da poboación continúa, e este xoves foron chamados dende o Hospital Virxe da Xunqueira 800 persoas para recibir unha dose de Astra Zeneca.

Comentarios