Martes. 17.09.2019
El tiempo

Camelle dedica a fin de semana á lembranza dos náufragos do Agra

Camelle dedica a fin de semana á lembranza dos náufragos do Agra
Roteiro por Camelle do naufraxio City of Agra Durante esta fin de semana, de venres 1 de febreiro ao domingo, 3 de febreiro, Camariñas acollerá os actos do «City of Agra., 122 anos na memoria». Da man da Asociación de Naufraxios Galegos, e coa colaboración do Concello, da Asoc. A Pergoliña e a Confraría de Pescadores, a cita servirá para lembrar aos finados do mar, e repasar a historia deste curioso naufraxio. Como acto principal, o sábado 2 de febreiro, haberá un roteiro animado titulado 'Os náufragos do Agra' que dará comezo no mirador de Lobeiras, en Arou, ás 10:30 horas e rematará diante da Igrexa do Espíritu Santo de Camelle ao redor das 14 horas. Ademais, durante toda a fin de semana haberá un mercado mariñeiro. Programa Homenaxe Naufraxio City of Agra en Camelle 2019

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/camelle-fai-memoria-dos-122-anos-do-naufraxio-do-city-of-agra/

Comentarios