Martes. 07.05.2024
El tiempo

20 peñas farán branquiazul a Costa da Morte no 2014

20 peñas farán branquiazul a Costa da Morte no 2014
A-Costa-da-Morte-pensa-en-branquiazul

Ata 20 peñas deportivistas atopamos relacionadas ca Costa da Morte. A verdade foi toda unha sorpresa cando descubrimos o número ao repasar o nacemento da última, a Peña Deportivista Castriz. E a día de hoxe, e coa afección pendente da conta atrás do R.C. Deportivo como nos contaba Pablo Varela antes da desbancada de Lendoiro da carreira electoral.

E con gusto repasamos as peñas deportivistas da zona:

Peña DeportivistaSedePresidenteAno de fundación
Alfareiros de Buño Tasca "A Cunca" Carolina Martínez Rega1992
De Carballo Restaurante BergantiñosRamón Souto1992
Os Piratas de MuxíaCafé WimpeXosé Búa1994
Neria de CeeCafetería "A Estación"José Antonio García López1994
Do Fisterra Bar "Galeria"Plácido Lado Alejandro e José Manuel Rivera López1995
A Torcida da Cabaña, CarballoMesón "A Cabaña" Antonio Carlos Carballal Chas1996
MazaricosCafé-Bar "Pedra do Ouro"José Manuel Beiro Lago1999
A Moa de O Pindo, CarnotaRestaurante A RevoltaJuanjo Sendón2000
Archilos de Corcubión Mesón A LúaJano Caamaño2000
Quilmes de VimianzoBar QuilmesOswaldo Mouzo 2000
San Cristovo, Carnés, Vimianzo Bar O CiprésJosé Bermúdez Pose2000
Vila de MurosCafé "Encontros" Santiago Lago Vidal 2001
Sempre Depor, de Camelle, CamariñasBar A MolineraManuel Vázquez Pardiñas 2003
Santa Comba "Joaquín Caparrós"Bar Duca José Bermúdez Pose2005
Cafetería El Juzgado 19.500, CarballoCafetería El Juzgado Gonzalo Suárez Carbajales 2010
Bar Pérez de LaxeBar PérezMartín Pose 2012
CastrizBar CataliñoJosé Luis Carreira "Pince"2013
VerdilloBar Manolo de LisaJaime Cotelo Pombo2014

Ademais, hai outras que ou ben non están constituídas como tal ou están vencelladas directamente ca nosa bisbarra, como son a Peña Os Muriños Blues, siareiros en celeste do seu Muros pero branquiazus de corazón; a Peña Deportivista Valerón da Coruña que preside Pepe Corbal, moi venvellado a Berdeogas, Dumbría; e a Peña Deportivista Barcelona, que ten a súa sede no Restaurante Muxía da cidade condal.

Como vemos as decanas, nadas no ano 1992, con aquel ascenso e aquel comezo do Super Dépor, nacían en Bergantiños, ca Peña Deportivista de Carballo e a Peña Deportivista Alfareiros de Buño. A última, a Peña Deportivista Castriz.

Como pulsan as Peñas da Costa

Ademais, aproveitamos para enviar un par de preguntas a dous dos deportivistas máis activos da bisbarra. Falamos con Juanjo Ramiro e con Xosé Búa, que nos contan como pulsan as vilas deportivistas do Pindo e de Muxía.

Dende o Pindo

Juanjo Ramiro cóntanos que "A´Moa segue viva. Seguimos adiante e por moitos anos. Si é verdade que nos ultimos tempos a dinámica da Xunta Directiva está un pouco parada, porque tamén, e vaia por diante que non é a verdade absoluta, levamos trece anos a mesma xente i eso pesa moito. Este ano cambiamos a Xunta Directiva, mais a xente segue a ser a mesma pero en diferentes cargos. Pero Fran, Ángel Luís e mais eu seguimos levando case todo o peso".
Juanjo recórdanos que "este 2013 xa fixemos unha viaxe a Xixón para ver o Sporting-Depor. Tiñamos pensado ir a Ponferrada o pasado mes de novembro, pero puxeron o partido en domingo tarde e por eso non puidemos ir. Pero seguen pensando en novos eventos. "O que tentamos, como levamos facendo dende fai trece anos, é ser un referente do deportivismo na Costa da Morte. Uns anos máis ca outros, e ao mesmo tempo buscar esa compoñente de socializacion que ten unha Peña de xuntar xente con xente,novos con vellos... Cando organizamos a tradicional Festa Fin de Tempada na Boca do Rio ou unha viaxe ou montamos algunha que outra charla-coloquio".

Dende Muxía

Sobre a actual situación económica do Deportivo Búa ten "esperanzas de que todo se arranxe, pois isto non é un problema só do Dépor, é un problema xeral de todo o fútbol que chaman "profesional" e "moderno"... Equipos como barcelona e real Madrid son mafias de débedas multimillonarias e non pasa nada e déixanas seguir medrando. Ao Depor afogárono e vai "saltando" obstaculos, e parece que pouco a pouco vaise vendo luz, ainda que vai para longo, a clave está en que quen colla o equipo sepa traballar para xenerar. Agora mesmo os administradores concursais, son o perigo máis grande pois confunden os "recortes" co xenerar riqueza, que é a base do pagamento da débeda", apunta.

Considera que "o principal culpable o despilfarro nos tempos que os bancos prestaban a todo o mundo, pero volvo o mesmo de que é un problema que teñen todos, aquí magnificado por certo xornal antideportivista. Como exemplo fai unhas semanas visitounos o Zaragoza que ten unha débeda exactamente igual a do depor, e moito menos seguimento social, pero non estamos a ver noticias negativas deles a diario. Os bancos son os principais culpables da débeda do fútbol español. Prestar e prestar ata que pecharon a villa ca crise e non refinanciaron créditos, hoxe en día seguen a enriquecerse pero esixen o pagamento e non prestan e cada ano que se paga a Facenda e non se chega a pagar o total ao ano seguinte voltas a deber o mesmo ou máis, cousa que é a mera realidade do depor que de 2 millóns de débeda a facenda en poucos anos pasou a 96, tendo xa cobrado 55".

E pensando no futuro, considera que "o principal salvador que vai ter o Depor é a impresionante masa social que ten. Un de cada 100 galegos é socio do Depor, máis de 27.000 aficionados o ano pasado ao campo como media, e máis de 24.000 no que vai dista a pesares dos horarios. isto non pasará desaparecibido para os inversores, que os vai ha haber. O principal e a firma do convenio e logo a remar. O Depor está antre os 8 equipos máis seguidos en Tv do fútbol español".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios