Domingo. 19.05.2024
El tiempo

41 anos da loita de Baldaio

41 anos da loita de Baldaio
Cartaz realizado por Laura Romero

Fermosa data a que se vai recordar este vindeiro martes 8 de maio. Aquel 8 de maio de 1977 unhas 5000 persoas saían polas vilas de Carballo co apoio das Comisións Labregas. A manifestación, que percorreu a capital de Bergantiños nun Domingo de feira, rematou fronte á casa do Concello, onde toman a palabra, Xosé Esmorís, veciño de Lema e militante das Comisión Labregas, Ramón Valcarce, cura das Encrobas e representante da AN-PG e Xan Fraga, dirixente da UPG na localidade. Mentres os presentes cantaban o himno galego, a mobilización e rodeaba por membros da Garda Civil, comezando a continuación unha carga indiscriminada con metralletas e mosquetóns, que remata con multitude de feridos, ficando o día, en palabras de Carlos “O Xestal”, “Oito de maio, feira en Carballo e hostiazos de carallo”.

Unha parte dos manifestantes, acordan acudir pola tarde ao adro da Igrexa de Lema, co fin de homenaxear ao veciño desta localidade Marcelino Fernández, morto en 1976 a consecuencia do castigo imposto por unhas gardas de seguridade da empresa concesionaria das marismas de Baldaio. Rematado o acto, os concentrados, dirixidos por Oliva Pose, símbolo daquela loita, deciden ocupar as praias de Baldaio, iniciándose unha batalla desigual entre un grupo de mil manifestantes e as forzas de seguridade. As cargas, as bolas de goma, os botes de fume, feriron de consideración a máis cincuenta persoas, sendo internados durante días no hospital da Coruña, a consecuencia das feridas, Oliva Pose e o seu compañeiro Farruco Castro. Ramón Valcarce, Paco Felipez e Xosé Esmoris, militantes nacionalistas que acudiran a interesarse polo seu estado de saúde, foron detidos no propio hospital, conducidos ao cuartel da Garda Civil, onde foron duramente torturados, remataran na prisión provincial, onde foron liberados diante da presión popular.

Cita para a lembranza

Para recordar aquela data, a Irmandade Moncho Valcarce e o Concello de Carballo organizan unha sesión completa ás 20:00h na Biblioteca rego da Balsa. Arrincará coa proxección de "Area nos ollos" (25 m), un documental de Iván Seoane e María Rama.
De seguido, haberá unha peza teatral co cadro de teatro do coro Cantigas da Terra con Moncho Iglesias na dirección e Xurxo Braña na teatralización, e mesa redonda con personas participantes na loita moderada por Xosé Bocixa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios