8.500€ en premios para o Entroido carballés


Abriuse o prazo de inscrición, e ata o 23 de febreiro, para os Concurso de Disfraces, Comparsas e Carrozas de Entroido de Carballo. Uns certames que repartirán máis de 8.500€ en premios.
A cita grande do entroido carballés terá lugar o domingo 26 de febreiro, arrincando ás 18.00h e transcorrendo polas rúas próximas á Praza do Concello, onde rematará. Haberá concursos individuais, por grupos, por comparsas e por carrozas, así como un premio especial ao Choqueiro de Bergantiños.
Dos 8.500 €, dos cales case 4.000 € están destinados a gratificacións de 125 €, 200 € e 250 € por participar (aos 20 primeiros inscritos nas modalidades de carrozas ou comparsas nas categorías de infantil ou adulto, dependendo do número de membros), xa que un dos obxectivos principais do concurso é incentivar a participación, e máis de 3.500 € repartiranse entre os 14 premios previstos, que nalgunha modalidade tamén medraron. Así, o 2º de carrozas pasa de 295 € a 400 € e o 2º de comparsas, de 200 a 250 €.
A inscrición poderá realizarse nas oficinas de Cultura do Pazo da Cultura, no caso de comparsas e carrozas dende hoxe ata o 23 de febreiro e a no do resto das categorías ata 1 hora antes do mesmo día do desfile (nese caso na Praza do Concello). Na páxina web municipal pódese descargar toda a documentación e a folla de participación.
Novas relacionadas
- Entroido 2016: A imaxinación puido co frío e a choiva no Entroido carballés.
- 2014: Todo pode pasar no Entroido de Carballo.
Fonte
- Concello de Carballo.