8 webseries galegas no Carballo Interplay
20:57 26/03/18
Unha das grandes inquietudes do Carballo Interplay é xerar espazos e sinerxias que favorecesen a creación de novos contidos audiovisuais para a rede feitos en lingua galega. E así o está a conseguir “o festival de contidos dixitais máis importante de España” (segundo a propia TVE), convetíndose nun un punto de referencia fundamental para a creatividade dixital e, dentro del, a creatividade dixital en galego.
Polo CIP pasaron (e seguen a pasar) webseries como Poetarras, Fame ou Teño unha horta en San Sadurniño e iniciativas como Youtubeir@s. E en 2016 o festival subiu a aposta e creou o Premio a proxectos de webseries en versión orixinal galega para incentivar de forma máis activa a creación de contidos en galego adaptados ás novas formas de consumo.
"Hai vida en Bran?"
O primeiro proxecto gañador daquela primeira edición, Peter Brandon, acaba de gañar o Premio Mestre Mateo á mellor webserie. E o segundo, Hai vida en Bran? estrearase o 5 de abril ás 21h, no propio festival. O auditorio do Pazo de Cultura carballés acollerá a proxección dos tres primeiros capítulos desta comedia con tintes dramáticos que dirixe, escribe e protagoniza a coruñesa Ángela Andrada con produción de Macondo Prod. Acompáñaa un equipo novísimo formado por Pastor Rodríguez, Cristina Mariño, Daniel Celester, Gonzalo Faílde, Maite Vilar, Benigno Suárez e Ewa Jabukowska, e conta tamén coa colaboración de caras ben coñecidas do audiovisual galego, como Isabel Blanco, Monti Castiñeiras ou Cris Iglesias. Unha representación da Xeración Xabarín dos soños rotos que pretende “cambiar o rumbo do audiovisual rompendo estereotipos”. VSO en galego Así, durante o festival proxectaranse as webseries en galego na sección oficial (vemos Antolepsia, Galicia Crime e Monumento nas imaxes), xunto coa estrea de Hai vida en Bran?. A maiores, hai 4 novas finalistas que buscan cun guión gañar os 1.500€ do premio para a realización dos tres primeiros episodios da serie, que se estreará no VI Carballo Interplay. As 4 webseries galegas finalistas pasarán un pitching público, diante dun xurado formado por Alberto Fernández Torres (subdirector de contidos e transmedia de RTVE Digital), Maya Nieto Maidagán (directora dixital en Globomedia), José Pereira (director da Área de Innovación e Negocio da CRTVG), Xose Regueira (concelleiro de Promoción Económica de Carballo) e Sonia Méndez (directora do Carballo Interplay). E son as seguintes: Sígueme Creada polos estudantes da USC Nuria Cancela, Alba Pego, Laura Pose e Aitor Ramos. Nesta intriga psicolóxica con reminiscencias de Mindhunter, Elisa Sánchez Sedes dará vida a unha moza psicóloga expulsada da universidade pola súa crítica á psicoloxía convencional que decide continuar clandestinamente o seu estudo. Áureas Unha historia dos anos 20, que combina música e teatro a través de personaxes de ficción. Fon Cortizo, Javier Álvarez e Alexandre Cancelo forman o equipo técnico, mentres as actrices e músicas Ailén Kendelman, Areta Bolado, Isabel Mouzo, Marina Vigo, Valentina Alonso e Cris Márquez forman o elenco, recentemente recoñecido as da Panadaría, xa que están de actualidade por gañaren os María Casares. Premios Darwin Unha comedia baseada no espectáculo de Carmen Conde arredor das mortes absurdas sucedidas en Galicia, combinando dúas cousas tan da terra como a narración oral e o culto á morte. No equipo destaca a presenza de Guillermo Arias-Carbajal na dirección e de caras coñecidas como a de Isabel Blanco, a cantante Nastasia Zürcher e os Porco Bravú no reparto. Cativos na cociña Entra no territorio da non-ficción: un neno de cinco anos, Antonio, mudou coa súa familia dende o Perú do seu pai ata o Grove, terra da súa nai. Alí descubre unha nova paisaxe, pero sobre todo os sabores da cociña galega. Tita Portela e Fred Fuentes anímannos a acompañalos nestas aventuras.Novas relacionadas
- As 42 webseries que poderás ver no #CarballoInterplay.
- Programa Actividades 2018: Buceando na rede cun completo programa de actividades no V Carballo Interplay.
- 2018: O V Carballo Interplay recibe 256 webseries de todo o mundo.
- 2018: “Experiencia audiovisual extrema” no Carballo Interplay.
- 2018: Varias marcas do audiovisual confirman a súa presenza no Carballo Interplay.
- 2018: Dúas proxeccións poñen en marcha o Carballo Interplay
- 2017: O Festival Interplay fai de Carballo a capital da cultura dixital global
- 2017: O IV Festival Carballo Interplay, a máxima calidade audiovisual entra na Costa da Morte
- 2017: En marcha a 4ª edición do Carballo Interplay, os Goya do audiovisual virtual
- Maio 2016: O éxito do III Carballo Interplay asegura unha cuarta edición no 2017.
- 2016: Os Premios Fouciño, os irmáns pequenos do Carballo Interplay
- 2016: Carballo prepárase para o terceiro festival Interplay
- 2016: David Saínz e Teresa Segura imparten un obradoiro de creación de webseries
- 2016: Un total 36 webseries de todo o mundo compiten na terceira edición do Carballo Interplay
- 2016: As novas narrativas dixitais estarán presentes no III Festival Carballo Interplay
- 2016: Máis de 120 proxectos de todo o mundo estarán no III Festival de Webseries Carballo Interplay
- 2016: O Interplay aposta polos contidos en galego e crea un premio de 1.500€ para a mellor webserie.
- 2016: O “pioneiro” festival internacional Carballo Interplay xa conta co apoio da Deputación.
- 2016: O III Carballo Interplay quece motores co FormaCIP.
- 2015: O Carballo Interplay, os Óscars 2.0:
- 2015: Arrinca un desenfadado Festival Interplay para poñer Carballo no centro das miradas do audiovisual.
- 2015: O Festival Interplay, unha regueifa audiovisual de vangarda.
- 2014: As mellores webseries de España, premiadas no Carballo Interplay.
- 2014: Carballo prepara a cámara para convertirse na Sundance das webseries.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Carballo Interplay