Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O Naufraxio de Laxe xa é a 9ª Festa de Interese Turístico da Costa da Morte

O Naufraxio de Laxe xa é a 9ª Festa de Interese Turístico da Costa da Morte
Imaxe do Naufraxio de Laxe-Foto-Mardelaxe

Con máis de 50 anos de historia, o Naufraxio de Laxe convírtese na 9ª Festa de Interese Turístico Nacional da Costa da Morte. Así o facía público o Consello da Xunta, tras un expediente que abría o voceiro do PP laxense Ambrisio Oróns.

O simulacro do naufraxio de Laxe ten lugar cada 17 de agosto no peirao da vila e supón un importante atractivo turístico non só para o municipio, senón para o resto da comarca. O recoñecemento comporta a súa inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Na mesma liña, a máxima representante do Goberno galego na provincia sinalou que a declaración desta festa como de interese turístico autonómico ten importantes repercusións sobre a dinamización económica e social da localidade onde se celebra. Esta declaración constitúe ademais un recoñecemento especial ao evento festivo, o que supón que acada unha difusión que transcende os ámbitos territoriais propios e contribúe á promoción de todos os recursos turísticos da área na que se sitúa.

Con esta nova declaración, a comunidade galega conta xa con 90 Festas de Interese Turístico de Galicia, ás que hai que engadir as 13 Festas coa declaración de Interese Turístico Nacional e as 6 co distintivo de Festa de Interese Turístico Internacional.

Para os que non o coñezan, esta é a historia do Naufraxio de Laxe, con Avelino como gran protagonista.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios