A #AxendaCostaDaMorte de outubro comeza cargada de música e espectáculos

12:06 02/10/15

I Muiñada en Vimianzo
Así que o chuvasqueiro e a roupa de abrigo será necesaria para a primeira Muiñada que terá lugar mañá sábado en Vimianzo. A festa está organizada pola asociación Cherinkas coa que se pretende darlle vida á zona da Agra, lugar no que recentemente se restaurou un muíño. As actividades comezan ás cinco da tarde co espectáculo de teatro musical”Merenda con pan de millo” e que está dirixido aos máis pequenos. Visitas etnográficas, demostracións xogos populares,… darán paso a unha noite de música da man do grupo A Roda, De Vacas, Sebastião Antunes e a Quadrilha. E para o remate, unha liga galega Gaiteira. Polo que a foliada está asegurada ata altas horas da madrugada.O FIOT trasládase á rúa
O FIOT trasládase aos locais de Carballo con distintos espectáculos durante toda a fin de semana dentro do progarma Rúa Dos Contos. As citas comezan esta noite, ás 21 horas no mesón A Cabaña onde Antón Coucheiro estreará o seu espectáculo cómico “Múltiple”. Hora e media despois, ás 22:30 horas, Paula Carballeira falará dos “Contos que non me contaron” na cafetería Colón. E xa na medianoite, ás 00.00 hotas, a cervexaría A Boa Estrella o ferrolán Pepo Suevos leva ata aquí o seu “Humor Salvaxe”. O mes da Fundación Manuel Gago, doutor en ciencias da Información da universidade de Santiago de Compostela, é o encargado de inaugurar o programa educativo-cultural “O Mes da Fundación. Outubro 2015″ que organiza por terceiro ano a Fundación Fernando Blanco de Lema de Cee xuntos coa Deputación da Coruña e establecementos da vial. Así, ás 20 horas de hoxe dará na casa da Cultura de Cee a conferencia “Os centinelas do mar: fortificacións en altura na Costa da Morte”. Ese mesmo día na librería LER de Cee haberá un curso de CazaMonstruos con Ronny Saabueso no que os participantes conseguirán o seu título de investigador e un diploma que o acredite. Día das Aves Esta primeira fin de semana tamén haberá na Costa da Morte actividades dirixidas aos amantes da natureza. Concretamente, o domingo, coincidindo co día das mundial Aves o ornitólogo José Luis Rabuñal será o encargado de guiar unha observación de aves na praia de Urixeira, en Neaño (Cabana de Bergantiños). A cita será entre as 10 e as 12 horas. Muxía Mañá sábado, María Lado e Lucia Aldao presentarán ás 20 horas na bibliteca municipal de Muxía o espectáculo “Con dez poemas por barba” Esta actividade dirixida ao público adulto e a mocidade maior de 14 anos englóbase dentro da programación subvencionada pola Xunta mediante o programa Ler Conta Moito. Verbenas E neste primeira fin de semana de outubro continúan as verbenas nalgunhas vilas da Bisbarra.- Na Aldeao do Couto terán tres días de festa para honrar ó Sacramento (sábado, domingo e luns).
- Festas en Oza: venres (Combo Dominicano e a disco movil Factory) e sábado (dúo Charada).
- Festas de Arou (Camariñas): Sábado (frupo Imperio, orquesta Alianza e a disco movil Traffic)
Novas relacionadas
- A antropofesta da I Muiñada devolve á vida á Agra de Vimianzo
- O FIOT revoluciona a noite carballesa enchendo os locais de hostalería de espectáculos
- Cee volve celebrar “o mes da Fundación” para alumnos e público en xeral
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)