A #AxendaCostadaMorte despide o verán

08:15 21/09/18

Meteogalicia
Unha fronte desfeita atravesará hoxe a Costa da Morte con posibilidade de que deixe algunhas precipitacións. Os ceos estarán cubertos durante unha boa parte do día e as temperaturas máximas irán en descenso. A presenza de nubes xunto con algúns claros dominarán durante todo o sábado ainda que non se agardan choivas e as temperaturas subirán. Xa o domingo, continuarán as nubes baixas en toda a Costa da Morte e con temperaturas novamente en descenso debido a unha outra fronte desfeita. En xeral, serán días nos que predominarán as nubes e xa a partir do luns recuperaráse a influencia anticiclónica con ceos moito máis despexados. En canto á situación marítima, haberá mar de fondo do noroeste con ondas ao redor de un 1,5-2 metros de altura e con vento soprando frouxo do suroeste. A visibilidade será de regular a mala.Festas
- Festas da Santiña de Trasufre. Hoxe e mañá celebran en Trasufre (Muxía) as festas da Santiña.
- Festa en Rus. A parroquia carballesa de Rus celebra mañá e o domingo as festas de Santa Eufemia e San Mateo con moita música e unha pulpada.
- Festas da Eirita. Na Eirita, en Anos, celebran mañá as súas sonadas festas da virxe do Espiño.
- Festas en Corcubión. Mañá e o luns, Corcubión está de festa na honra ás Mercedes.
- Festas en Corme. Dende mañá e ata o luns, Corme celebra as festas dos Remedios nas que haberá moita troula.
Outras citas
- Ciclo de monólogos RiXallas. Xosé Antonio Touriñán é o encargado de abrir esta noite (ás 22:00 horas) o 4º ciclo de monólogos RiXallas que organiza o concello de Santa Comba.
- Iluminación nocturna na Fervenza do Ézaro. Último sábado deste verán para ver a fervenza do Ézaro iluminada. O espectáculo é entre as 23:00 e as 00:00 horas.
- Ruta de tapas mariñeiras en Malpica. Dende hoxe e atao o domingo, dez establecementos servirán tapas elaboradas con produtos do mar a 1,5 euros. As tapas serviranse en pratos de Olería de Buño.
- Asaghieiras Master Festival. En Lariño (Carnota) volverán a vibrar mañá sábado co Asaghieiras Master Festival que vai polo décimo aniversario.
- Visita teatralizada en Moraime. Mañá, Os Quinquilláns encargaranse de facer unha nova visita teatralizada na que descubrirán "O segredo de Moirame".
- Concerto en Vimianzo. Comeza a tempada de concertos no Celme Café de Vimianzo e fano coa banda "The Homeless" que tocarán mañá a partir da media noite.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Ademáis, ofrécense visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temklporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- Faro Vilán en Camariñas. O faro Vilán acolle durante todo o mes de setembro a exposición “M’eu – Mar. Tempos longos” de Xan Vieito. O horario de apertura da sala de exposicións é de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)