A #AxendaCostadaMorte despide setembro con festas, monólogos e teatro

08:15 28/09/18

Meteogalicia
En canto ao estado do ceo, hoxe entrarán brétemas costeiras en practicamente toda a Costa da Morte principalmente na primeira metade do día. Logo, iranse alternando as nubes e os claros e o vento soprará frouxo de dirección variable e coas temperaturas en descenso. A influencia anticiclónica recuperarase o sábado día no que os ventos soprarán do nordés cunha intensidade entre frouxa e moderada e xa o domingo o anticiclón volve a ganar terreo. No mar, a visibilidade será mala durante o día de hoxe (principalmente na primeira metade do día) con mar de fondo do noroeste con ondas ao redor de un metro e medio de altura. Xa o sábado e o domingo o vento será moderado do nordés e que por momentos poder chegar a ser forte. A visibilidade será entre boa e regular e o mar de fondo será do norte con ondas de dous metros de altura como máximo.Festas
- Festas en Ardaña. Na parroquia de Ardaña, en Carballo, están mañá e o domingo de festas onde haberá sesión vermú, verbena e festa do neno.
- Festas en Muxía. O grupo Abaco e o dúo Delfín serán os encargados de amenizar mañá as festas do San Miguel que celebran en Muxía.
- Festas en San Salvador. O domingo celébrase en San Salvador (Santa CombaI a romaría da virxe dos Remedios na que actuará a orquesta Acordes.
- Festas en Camelle. Hoxe e mañá, Camelle celebra as festas na honra do San Miguel e do Sacramento nas que non faltará a troula.
- Festas en Treos. Na parroquia de Treos, en Vimianzo, están mañá e o domingo de festa na honra ao seu patrón.
FIOT
- Hoxe arranca a XXVII edición do Festival Internacional de Outono de Teatro (FIOT). de Carballo co seu programa paralelo da Rúa dos Contos, que levas as artes escénicas aos puntos estratéxicos da vila. Hai citas para toda a familia.
Outras citas
- I simposio “O Castelo de Vimianzo ao longo dos séculos” . Vimianzo acolle dende hoxe e ata mañá un simposio sobre o Castelo no que participarán varios expertos.
- Monólogo en Mazaricos. Federico Pérez e Marcos Pereiro presentan este sábado ás 22:00 horas no auditorio da casa da Cultura da Picota, “Os Tristes”. Nesta divertida parodia, os actores falarán sobre as verbenas. A entrada é de balde.
- Monólogo en Camariñas. José Antonio Touriñán, reconvertido en Manolo Lojo, estará mañá sábado na casa de Pedra de Camariñas co seu monólo "Todo pode ir a peor...". A cita comeza ás 21:00 horas.
- Presentación literaria en Fisterra. A biblioteca municipal Casa do Arco – situada na praza da Cerca de Fisterra – acolle mañá ás 19:00 horas a presentación do libro “Águias sobre Berxidum” de Fernando Cerezales.
- Concerto infantil en Ponteceso. O titiriteiro e compositor Luis Vallecillo presenta o seu novo audilibro "Cantamos?" este domingo ás 12.00 horas no Museo Etnolúdico de Galicia (Melga) de Ponteceso.
- Día da bici en Mazaricos. O concello de Mazaricos celebra o domingo o día da bicicleta cun percorrido apto para todas as idades e que sairá ás 10:00 horas da Picota.
- Limpeza no río Anllóns. A organización ecoloxista Senda Nova únese á XI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos”, que organizada por Adega baixo o Proxecto Ríos. Neste caso, a limpeza levarase a cabo o domingo a partir das 11:oo horas no río Anllóns ao seu paso pola ponte de Bértoa.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abren todos os sábados, domingos e festivos en horario de 11:00 a 19:00 horas. Ademáis, ofrécense visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas, en temporada baixa, de venres a domingo de 10:30 a 14:00h e de 16:00 a 18:30. En temklporada alta (Semana Santa, e do 1 de xullo a 16 de setembro), visitas guiadas todos os días.
- Faro Vilán en Camariñas. O faro Vilán acolle durante todo o mes de setembro a exposición “M’eu – Mar. Tempos longos” de Xan Vieito. O horario de apertura da sala de exposicións é de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas.
Máis información
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)