A AxendaCostadaMorte máis completa do ano


Sen dúbida, esta ponte do 15 de agosto pode ser a fin de semana máis festexeira do ano na Costa da Morte. Unha fin de semana no que as festas son protagonistas, pero que ademais compartirá espazo cos libros, o cine, o teatro, o sendeirismo, e a boa música.
Doble cita festivaleira
E precisamente comezamos pola música, pois Fisterra e Ponteceso teñen dúas das citas festivaleiras do verán. A vila do Cristo acolle a XIV Festa Folk na Fin do Camiño, unha das referencias celtas do país, no que estarán bos e festeiros grupos galegos.
Mentres, en Ponteceso, e máis tirando ao rollo indie, toca o Festival V de Valarés, nunha paraxe incomparable como é a praia bergantiñá, con bandas como Los Coronas ou El Columpio Asesino.
De festa en festa
E como non, son as Festas da Xunqueira as máis chamativas da ponte. Compartindo espazo coa Feira do Libro de Cee, a Xunqueira prepárase para recibir a milleiros de visitantes. E teremos música folk e rock, verbeneo do bo e do auténtico, e a gran traca de fogos de artificio da noite do xoves 15, que veremos como vén este ano de recortes.
Outras das citas que non podemos perder será cas Festas de Laxe, que abren nada menos que Celtas Cortos na noite do mércores e que durarán toda a fin de semana. Ademais, o cumio da festa é o Naufraxio de Laxe, recentemente calificado como Festa Galega de Interese Turística, e que celebrará o sábado no peirao laxense.
Pero son moitas máis as festas patronais. Temos que ir ata Ponteceso, ás Festas de Cores ou ata a auténtica Romaría de San Roque de Moraime.
Temos que ir tamén a ver a novedosa Festa Galega Medieval de Malpica, mesturando música galega con grupos como Luar na Lubre ou Fol de Veneno con feira medieval mariñeira.
E teremos tamén cita cas Festas da Saleta de Tal, en Muros.
Vai de música, cine e patrimonio
E de música segue indo ca cousa, con varias posibilidades. Como o interxeracional Duelo de acordeóns en Muxía, ou un concerto na praia do Lago.
Muxía tamén acolle unha ruta guiada ata as Caldeiras do Castro mentres que Corcubión terá sesión de cine futurista.
Pero unha das citas da fin de semana, que chega para pechar a ponte, será en Mens, Malpica, cunhas fermosas Xornada de Patrimonio Inmaterial que servirán de homenaxe ás vellas Pandereteiras de Mens, ó regueifeiro Maximino Garrido Blanco e ós comparseiros de Entroido desta parroquia.
E para rematar, teremos tamén a VI edición da Feira Solidaria de Camariñas estes días 15, 16 e 17 de agosto. A cita será no Pavillón Nunicipal de Deportes de Camariñas e o horariode apertura será de 11:00h a 14:00h, e de 16:00h a 20:30h.
Máis información
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).