A #AxendaCostadaMorte resume as principais citas da fin de semana

08:02 20/10/17

Fiot
- A compañía madrileña Buxman e Kamikaze P. interpretan esta noite en Carballo a obra "Todo el tiempo del mundo", sendo así a primeira vez que se representa en Galicia. A cita comeza ás 21 horas no Pazo da Cultura e o custe da entrada é de 12€.
- Tamén será a 1ª vez que se representa na comunidade "Arte", a obra de Kamikaze Producciones. A representación terá lugar mañá ás 20:30 horas no Pazo da Cultura e o custe da entrada é de 12 euros.
- Microteatro. Esta fin de semana haberá dúas novas sesións de Microteatro no Fiot. "Non hai que ser unha casa para ter pantasmas", de Prácido Domingo, representarase mañá sábado ás 13, 13:30, 19 e 19:30 honas na praza do concello. E Tukumpas Teatro estreará "Amor de pé" na Zapataría Mariño. As citas son mañá ás 18:30, 19, 19:30 e 20 horas.
- O domingo volve a programación do Fiot ao auditorio do Pazo da Cultura coa obra "Slips Inside" da compañía belga Okidok. A función comeza ás 20:30 horas e o custe da entrada é de 8 euros.
Teatro
- Monicreques no Retablo dos Fantoches de Malpica. Fantástica recuperación histórica das Misións Pedagóxicas en Malpica, con teatro e magosto popular para a tarde do sábado.
- RíXallas. Esta noite chega ao seu fin o 3º ciclo de monólogos RíXallas organizado polo concello de Santa Comba. Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei traen o seu espectáculo "Falar sen cancelas" ao edificio Multiusos a partir das 22 horas.
- Muros. O auditorio do centro cultural de Muros acolle mañá o espectáculo "Nacidas libres", de Contraproduccións. A función comeza ás 21:30 horas.
- Outono Rebuldeiro en Vimianzo. Os máis pequenos teñen unha cita na casa da Cultura de Vimianzo para ver o unha versión máis actual do conto "Tres porquiños e o lobo feroz" da compañía Teatro del Andamio. A cita comeza ás 18:30 horas e a entrada é de balde.
- Teatro en Zas. O grupo "Sen Tempo Teatro" presenta mañá ás 21:30 horas no auditorio de Zas a obra "Unha de romanos". A entrada é de balde.
Monografías no Allo
- Maña sábado terá lugar a segunda das conferencias que se enmarcan dentro do ciclo "Monografías do Allo" artellado polo departamento de Cultura do concello de Zas. O catedrático de Bioloxía e Xeoloxía - Xosé A. Fraga Vázquez - disertará sobre “A actividade científica do naturalista Víctor López Seoane, señor do pazo das Torres do Allo na fin do século XIX”. A cita comeza ás 17 horas e a entrada é de balde.
III Muiñada en Vimianzo
- Vimianzo revive mañá sábado algunhas das tradicións da cultura galega no marco da III Muiñada. Haberá teatro, cantos de taberna, mercado retro e eco, exposición de fotografías, visita guiada, debullada, obradoiros, foliada e un gran concerto. Todo a partir das 12 horas na contorna do Muíño da Agra.
Outras citas
- Charla Arqueolóxica en Laxe. No marco do Outubro Arqueolóxico do programa Reláxese, o Museo do Mar acolle a charla de Xosé María Lema na tarde do sábado, na que falará sobre Os Penedos de Traba e Pasarela,
- Corcubión. A casa da Cultura de Corcubión acolle hoxe, ás 18:30 horas, un espectáculo de contacontos a cargo de “Trinke Trinke Teatro”. A cita está dirixida ao público maior de 3 anos de idade e a entrada é de balde.
- En Cee continúan coa programación do Mes da Fundación, artellada pola Fundación Fernando Blanco. Mañá, ás 19 horas terá lugar no IES unha ofrenda floral e unha misa na honra de Fernando Blanco de Lema. E un pouco máis, tarde, ás 20:30 horas, Carlos Spuch Calva ofrece unha conferencia na casa da Cultura sobre "Como afecta a nosa alimentación ao desenvolvemento do cerebro".
- Andaina polo Camiño dos Faros. A AD Abellariza de Ponteceso organiza para este domingo unha andaina entre Niñóns e Corme; un percorrido que forma parte da 2ª etapa do O Camiño dos Faros. O número de participantes está limitado a 100 persoas e hoxe, ás 12 horas, péchase o prazo para anotarse.
- Cea-baile en Baio. O café-restaurante Montreux organiza unha cea baile para mañá sábado. O prezo da comida amenizada polo dúo SonLatino é de 20€ por persoa.
Exposicións
- Castelo de Vimianzo. A fortaleza así como a súa mostra de artesanía ao vivo pódese visitar martes a domingo de 10:30 a 14 e de 16 a 19 horas. Visitas guiadas gratuítas: sábado e domingo ás 12 e ás 19 horas.
- Conxunto etnográfico do Mosquetín. O conxunto de muíños e batáns do Mosquetín abre as súas portas todos os días da semana dende as 11 horas ata ás 18 horas. Os sábados e os domingos hai visita guiada ás 13 e ás 18 horas.
- As Torres do Allo, en Zas, abre sábados e domingos e festivos (de 11 a 19 horas). Ademais, o pazo acolle unha mostra de pezas de Olería de Buño e ofrece visitas guiadas gratuitas ás 13 e ás 17 horas.
- No dolmen de Dombate ofrécense visitas guiadas todos os días de 10:30 a 14 e de 16 a 18:30 horas.
- A galería turística Stoupa de Cee acolle durante o mes de outubro unha mostra cos traballos artísticos de Nando Lestón. A exposición pode verse de luns a sábado en horario de 12 a 14 horas e de 18 a 21 horas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)