Luns. 07.10.2024
El tiempo

A Buserana volve esixir medidas urxentes para saír da violencia de xénero

A Buserana volve esixir medidas urxentes para saír da violencia de xénero
O machismo mata

Non quere a organización feminista Buserana que os últimos acontecementos en clave de violencia machista queden no esquecemento. E para iso, volven saltar á palestra, denunciando de novo deixando claro que “da violencia de xénero podemos saír”. Desta volta foron dúas as mulleres acoiteladas que non se contabilizarán como víctimas xa que afortunadamente salvaron a vida.

A violencia machista vén de cobrar novas víctimas: dúas mulleres acoiteladas que non se contabilizarán coma víctimas xa que afortunadamente salvaron a vida, pero que, evidentemente son víctimas, e un bebé asasinado. Dende Buserana queremos mostrar a inmensa dor e impotencia que provoca atoparnos ante asasinatos que na súa extrema crueldade escollen ás persoas máis vulnerables, como son as crianzas.

E nós seguimos preguntando que pasa coas altas instancias ás que non pode molestarse con asuntos que non sexa o déficit, os cumprimentos europeos ou agochar as súas corrupcións. COMPRE FACERNOS OIR MÁIS QUE NUNCA.. E MAIS ALTO AÍNDA. QUE DESCULPEN… PERO NON QUEREMOS QUE NOS MATEN NIN MATEN AOS NOSOS FILLOS E FILLAS.
As vidas destas novas víctimas, teñen menos valor ca das víctimas de atentados terroristas?. Doenos esta morte fondamente. ESTANNOS MATANDO.

Señoras e señores políticos, MÓVANSE!!!!! Seguimos sen escoitar falar de reunión urxentes. Seguimos sen un pacto de estado contra o terrorismo machista. Non escoitamos comunicados condenatorios. Seguimos agardando iniciativas lexislativas e un plan estratéxico de educación.
Pero agora coa dor dunha vida menos.

Queremos tamén felicitar á muller que tan valentemente impediu que a agresión que se produxo nun bar acabara coa vida da muller acoitelada .

Porque todas somos unha e non podemos permitir nin unha vida menos, esiximos estas medidas xa, porque non imos dar nin un paso atrás na loita pola liberdade de todas as mulleres.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios