A Costa da Morte invade a tele

Dá gusto acender a tele e ver a un veciño, diso non cabe dúbida. De aí o éxito de programas da televisión galega, tan locais que parece que están detrás da casa grabando. Hoxe queremos recoller varios dos nomes costeiro que aparecen nas nosas pantallas.
Dous homes loitando contra o narcotráfico


Non fan de homes da Garda Civil que tanto gustan na galega. pero si fan de homes que se ven vencellados, sen querelo, no mundo do tráfico de drogas. Artur Trillo e César Cambeiro teñen serias aparicións na serie Matalobos. Dous dos pesos pesados da bisbarra en materia escénica poñen a nota costeira nunha das series de produción nacional de maior éxito dos últimos anos.
Alba Caamaño en Luar
Trala participación da mazaricá Iria Bermúdez, este inverno será Alba Caamaño a que loite en nome da Costa da Morte no campionato de voces do Luar.
Un xornalista en LaSexta
Se pinchas o canle 6 á hora dos informativos, é probable que aparece un baiés. Xurxo Sánchez colle a cámara, monta no coche e aló vaia, a calquera punto do país buscando a denuncia. Iso si, nada de compromiso; o único, coa denuncia.

Dous costeiros para gañar

Tamén en Cuatro hai un par de rapaces da bisbarra. O programa de habilidades Uno para ganar pode ter vencedor da zona. Baixo as ordes de Jesús Vázquez, Marcos Castro Lema e David Lema Lema, naturais da aldea de Canduas, en Cabana de Bergantiños, queren saltar á fama dende a caixa tonta.
Aí estiveron este par de curmáns no programa 19 cantando a Rianxeira...
Novas relacionadas
- Os actores da Costa tamén se reivindican contra o desmantelamento cultural.
- As entrevistas do GDR: César Cambeiro:
- Talía Teatro puxo o peche a unha nova e abarrotada Mostra de Teatro de Cee.
- Premios Mestre Mateo 2011: Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo.
- Premios Maria Casares 2011: Os dous mellores actores secundarios de Galicia son da Costa.
- Mandeo Records grava outra documental na Costa.
- A participación da Costa da Morte na Rede Cultural da Deputación.
- Historias Nómades, con Serxio Iglesias: T.D.T..
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).