A Costa da Morte pon Rumbo a Gaza

09:25 20/01/11
Non nos é allea na bisbarra a crise humanitaria que vive a franxa de Gaza. Gracias a un dos activistas máis valiosos no estado na defensa dos dereitos do pobo palestino, Mohamed Safa, podemos coñecer de primeira man como está o conflito con Israel. Charlas sobre a "ocupación" israleí e ata unha Gala humorística achegáronnos á súa realidade nos últimos meses.
Así e todo, non é o mesmo que vivilo en primeira persoa. E para iso nace a proposta Rumbo a Gaza.
Unha iniciativa que nace dende a sociedade civil coa intención de coñecer a realidade da zona en primiera persoa. Este venres 21 de xaneiro no Salón de Plenos de Cee, a entidade COSAL Costa da Morte, xunto coa organización de mulleres Buserana, realizarán a presentación oficial da Campaña Rumbo a Gaza na Costa da Morte e anima a toda a veciñanza a coñecela.
Rumbo a Gaza conta xa coa participación de organizacións de todo o estado. Este ambicioso proxecto que xa ten uns meses de vida tratará de enviar 2 barcos con 200 persoas (xa hai personalidades públicas comprometidas para darlle máis trascendencia social) a bordo e 2.000 toneladas de axuda humanitaria a Gaza, co fin de romper o ilegal e inhumano bloqueo ao que a súa poboación ven estando sometida por Israel.
Na presentación do venres explicarán en que vai consistir a campaña e a colaboración das entidades da Costa coa mesma, ademais do por que da importancia de conseguir que sexa un éxito.
Ademais proxectararase o "Frota da Liberdade, un ataque á solidariedade", documental de 15 minutos de duración que recolle o ataque do exército israelí á Frota da Liberdade en maio de 2010.
Así que xa saben, este venres 21, ás 19:00h, no Salón de Plenos do Concello de Cee, terá lugar a presentación da campaña Rumbo a Gaza e a proxección da documental "Frota da Liberdade, un ataque á solidariedade". Con el vos deixamos:
Máis información
Flotilla de la Libertad. Un ataque a la solidaridad from Rumbo a Gaza on Vimeo.
Máis información![rumboagaza]()
- www.rumboagaza.org.
- info@rumboagaza.org.
Novas relacionadas
- Cee solidarizouse con Palestina a base de gargalladas.
- Entrevista con Mohamed Safa: “Os palestinos non falamos dun problema ideolóxico, senón de ocupación”.
Máis novas
- A Costa abriu os ollos contra a violencia de xénero.
- COSAL condena o agravamento da situación no Sáhara.
- Este verán, acolle un neno saharahoui.
- Charla con COSAL sobre a emigración: Todos somos emigrantes.
Fonte
- Nota de prensa de COSAL Costa da Morte.