A Costa da Morte prepárase para un San Xoán máis espectacular que nunca

09:15 20/06/13

Impresionante!! Non damos feito para apuntar todas as citas na Axenda Costa da Morte. Unha noite máxica, a máis curta do ano que cada ano se refrenda como unha data clave no comezo do verán costeiro.
Temos mil xeitos de chamarlle as unhas das protagonistas: cachelas, cacharelas, laradas, lumeiradas, lumarada, lumiños, fogueiras... Mentres, nas outras protagonistas, as herbas dos San Xoán, tamén hai disparidade de opinións.
Pero no que todos coincidimos é nas sardiñas, na queimada, e na troula. E por iso, deixamos constancia aquí de todas as citas que se dan estes vindeiros días na Costa da Morte arredor do San Xoán:
- San Xoán en Carballo.
- San Xoán no Ézaro.
- San Xoán en Olveira.
- San Xoán de Berdeogas.
- San Xoán no Pindo.
- San Xoán en Camariñas.
- San Xoán en Carantoña.
- San Xoán en O Esto.
- San Xoán en Fisterra.
- San Xoán de Sardiñeiro.
- San Xoán en Grixoa.
- San Xoán en Ponteceso.
- San Xoán en Mazaricos.
E se sabedes máis, non dubidedes en informarnos!!
Máis información
Novas relacionadas
- As 7 herbas de San Xoán.
- San Xoán 2012: Fermosa noite vermella de San Xoán.
- San Xoán 2011: Herbas, sardiñas e lume para unha noite cada vez máis meiga na Costa da Morte.
- San Xoán 2010: O lume bailou a ritmo de blues .
- San Xoán 2009: A Costa tamén vivíu a súa noite meiga a lume lento.
- San Xoán 2008: Un San Xoán sen cacharelas pero con blues e herbas.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).