Venres. 26.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte tamén lembra #recitandocelsoemilio

A Costa da Morte tamén lembra #recitandocelsoemilio
Xaime-Trillo-recitando-a-Celso-Emilio-en-Cee

"Lingoa proletaria do meu pobo
eu fáloa porque sí, porque me gosta,
porque me peta e quero e dame a gaña;
porque me sai de dentro, alá do fondo
de unha tristura aceda que me abrangue
ao ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sin raíces
que ao pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
falar a fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos do lingoaxe,
remo i arado, proa e rella sempre.

Así, como o poema de Celso Emilio Ferreiro "Deitado frente ao mar", comezaba, en puntos de todo o país a acción #RecitandoCelsoEmilio. Unha proposta cando se cumpre o centenario do nacemento do poeta celanovés, e que parte da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL), pensada sobre todo para os centros de ensino.

Unha acción que trata de recuperar esta necesaria figura da nosa cultura, autor dun clásico como "Longa noite de pedra" (1962). Unha acción que ademais serve para seguir loitar por manter viva a nosa lingua en todos os eidos, como é a información, e como persegue a campaña Vitaminas para o galego.

En Cee non fumos alleos, e foi Xaime Trillo finalmente o que recitou os versos do poeta de Celanova. A emotividade foi a protagonista, e entre os asistentes comprometidos tamén se descubriron moitos parados á cola do INEM, esperando a resolución do Obradoiro de Emprego.

Especial Realidade e Soños

E hoxe mesmo, mércores 12 do 12 do 2012, ás 11:00 da noite (uiii) Manolín tráenos un programa especial na radio municipal de Corcubión, a radiONeria, e o podedes escoitar xa dende aquí, ou en directo dende o blog da emisora ou no 107.8FM nas terras de Fisterra e Carnota:

Escoitar Realidade e Soños - Especial Celso Emilio Ferreiro Ir a descargar

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios