Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Deputación satisfeita coa Fundación Pondal e a conmemoración do centenario do escritor

A Deputación satisfeita coa Fundación Pondal e a conmemoración do centenario do escritor

A vicepresidenta e responsáble da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, fixo balance da conmemoración do centenario de Eduardo Pondal nunha xuntanza co xerente da fundación, José María Varela. Goretti Sanmartín destacou o compromiso da Deputación á hora de difundir a obra e a figura de Pondal.

Goretti Sanmartin co Presidente da Fundación Pondal, José Mª Varela

“O compromiso na conmemoración do centenario de Pondal prolongouse ao longo de todo o ano en numerosas actividades e, en especial, coa publicación de obras que son xa referencia para a difusión e o estudo da súa obra”, sinalou Sanmartín no remate da xuntanza con José María Varela. “Estamos moi agradecidos e queremos recoñecer o apoio por parte da Deputación da Coruña á programación para a conmemoración do centenario de Pondal neste ano tan importante e agardamos que esta colaboración continúe”, sinalou o xerente da Fundación Pondal.

A publicación da escolma xeográfica da poesía pondaliana a cargo do seu grande especialista Manuel Ferreiro foi unha das iniciativas da Deputación da Coruña que, ao longo do ano do seu centenario contribuíu a difundir a obra do poeta a través do territorio, de maneira destacada nos concellos arredor dos que escribiu Pondal . Esta é a terra dos eidos amigos. Escolma xeográfica da poesía pondaliana foi elaborado por Manuel Ferreiro e editado pola Deputación da Coruña e percorre catorce concellos da provincia, en especial, das terras de Bergantiños, Xallas, Soneira e a Costa da Morte. A obra foi presentada nun acto que contou coa participación de alcaldes dos concellos visitados pola obra de Pondal  a través dos que se distribuíu a publicación. Con edición da Deputación naceu tamén o estudo A outra maleta de Pondal de Juan Félix Neira Pérez sobre o escritor e a colaboración coa Real Academia Galega para a publicación da antoloxía elaborada por Manuel Ferreiro titulada Eduardo Pondal. Os cantos que eran da Patria.

Un apoio especial destinouse neste centenario á celebración do Festiletras 2017 que, ademais do recibido a través da liña de festivais, contou coa axuda para a contratación do grupo Luar na Lubre cun financiamento que superou entre os dous conceptos os cincuenta mil euros.

Ademais, a área de Cultura da Deputación da Coruña conmemorou tamén o centenario coa programación no Teatro Colón no mes de Novembro da obra “Fillos do Sol”, produción do FIOT de Carballo e Contraproducións, dirixida por Cándido Pazó. A obra mostra a figura de Pondal nos seus últimos anos de vida e a súa obsesión cunha obra que presidiu a traxectoria de escritor, “Os Eoas”.

Comentarios