A Festa da Pataca cumple 36 anos cun domingo de gastronomía e entroido
Xa tiñamos pregoeira en clave literaria, e hoxe xa temos programa completo. Chega a XXXVI Festa da Pataca de Coristanco ben completiña. O domingo 18 de setembro o tubérculo máis famoso de Bergantiños darase o baño de masas anual.
Así e todo o sábado teremos dúas citas deportivas para abrir a veda, pero a verdadeira festa, será coma sempre, dominical. Os tractores engalanados, a gran atracción da festa ademais das citas gastronómicas, concentraranse xa dende as 9:30h, para que os visitantes poidan ir disfrutando da vea entroideira da festa. A Mostra Agroalimentaria, con centos de produtos da zona, abre as 10:30h, pouco antesde que a Banda de Gaitas Monte Branco arrinquen o pasarrúas.
O desfile de tractores engalanados” será ás 12:00h, e ás 12:00h toca o pregón de Mercedes Queixas Paz. Entregade premios xusto antes da Degustación de pataca na Rúa do Muíño, a gran cita.
Pola tarde xogos tradicionais e concursos, sempre coa pataca como protagonista.
Programa da XXXVI Festa da Pataca de Coristanco
Premios
Novas relacionadas
- Unha mestra da literatura galega, pregoeira da XXXVI Festa da Pataca de Coristanco.
- Festa da Pataca 2015: A Festa da Pataca sacou a súa faciana máis entroideira.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).
- Concello de Coristanco.