festa-pataca-coristanco-sobrevive-autovia
Sabrosa, e divertida, foi a XXXVI Festa da Pataca de Coristanco. Completo domingo que viviron nas terras bergantiñás coa festa de exaltación do tubérculo máis querido en Galicia. Gastronomía e entroido mestúranse nesta singular festa, que algo notou a escaseza de produción desta tempada.
Non sei notou tanto en canto á xente, pois contábase que a Autovía reduxese o número de asistentes, pero sen chegar aos 20.000 asistentes do ano pasado, si que houbo moita máis xente da esperada.
A festa arrincaba co pregón de Mercedes Queixas, e foron moitos os rapaces que se achegaron a escoitar á que foi a súa profe durante anos. A mestra deu un pregón onde uniu o traballo da terra co traballo educativo, nun discurso cheo de sentimento no que houbo espazo para a cultura coristanquesa, con mención especial aos regueifeiros e á Asunción Antelo.
Mercedes Queixas pregoeira da Festa da Pataca de Coristanco 2016-Foto-Miguel Anxo CalvoNo apartado gastronómico, vendéronse unhas 1500 racións (patacas bravas, patacas con zorza e patacas con carne asada, 500 de cada aprox.) e os asistentes pronto remataron coas existencia, quedando xente sen poder degustar a comida. Iso si, os que a probaron quedaron encantados.
Pero o rei da festa é o Certame de tractores engalanados. Notouse a falta de produción que este ano só participaron 5 tractores que se repartiron os 5 premios, e a verdade é que se notou unha lixeira baixada na calidade dos “disfraces” con respecto doutros anos, como o ano pasado.
Houbo máis participación no concurso de figuras con patacas, grazas ao alumando do CPI Xosé Pichel, rapaces e rapaces que eran os autores de case todas as 81 figuras presentadas.
Ademais, pequenos e maiores disfrutaron e riron cos xogos tradicionais.
Concurso de Tractores Engalanados
- 1º Premio para Manuel Díaz coa Mosca.
- 2º Premio para Marcos Varela Mira con Pegasus.
- 3º Premio para José Manuel Facal co Tren.
- 4º Premio para José Luís Díaz Loureiro co Carro.
- 5º Premio para Juan Antonio Facal coa Autopista.
Concurso Figuras con Patacas
- 1º Premio Carmela Rodríguez coas súas Galiñas no Corral.
- 2º Premio para Hugo Suárez co Campo de Fútbol.
Concurso de Produtos do Campo
- 1º Premio para Isabel Estramil Puga.
- 2º Premio para José Ramón Bello.
Novas relacionadas
- A escaseza da produción marca a XXXVI Festa da Pataca de Coristanco.
- A Festa da Pataca cumple 36 anos cun domingo de gastronomía e entroido
- Unha mestra da literatura galega, pregoeira da XXXVI Festa da Pataca de Coristanco.
- Festa da Pataca 2015: A Festa da Pataca sacou a súa faciana máis entroideira.
- Redacción QPC ([email protected])