Venres. 03.05.2024
El tiempo

A metáfora feita imaxe no Certame Xosé Manuel Eirís de Carballo

A metáfora feita imaxe no Certame Xosé Manuel Eirís de Carballo
Exposicion do Certame de Fotografia de Carballo Xose Manuel Eiris 2014

Xa está aberta na sala Alberto Gende situada na baixocuberta do Pazo da Cultura a Exposición do XVI Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís. Unha mostra composta por unha escolma de 86 obras de entre as 211 imaxes de 87 autores que se teñen presentado ao concurso. Unha mostra que, trala inauguración de onte, pode visitarse ata o 4 de maio no Pazo da Cultura no horario habitual de 17.00 a 21.00 horas.

Acodiron á inauguración os membros do xurado, que estivo formado, ademais de por Xulio García, por Mar Eirís Villar (Concelleira de Cultura e Educación do Concello de Carballo), Beatriz Fernández Baldomir (en representación da AC Rebeldía, xa que cada ano participa no xurado unha representación do tecido asociativo do municipio), Ángel Cordero Gómez (profesor da Escola de Imaxe e Son da Coruña), Luis Carré Menéndez (fotógrafo publicitario industrial e profesor da ETSAC-Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña), Ana Mª García Suárez (fotógrafa profesional), e Mª del Carmen Castro Pombo (animadora cultural do Concello de Carballo). Tamén asistiron Pilar, Feliciano e Jesús Eirís, ademais de Luciano Calvo, como representantes da familia de Xosé Manuel Eirís. O Alcalde, Evencio Ferrero.

Xurado do Certame de Fotografia Xose Manuel Eiris de Carballo 2014

Os premiados

Primeiro Premio Concurso Fotografia Carballo

Entre as 211 fotos, temos as 5 imaxes gañadoras, entre as que destaca o 1ª Premio, dotado con 700 € e diploma, que recaeu na fotografía que leva por título "Una vida juntos I" presentada por José Ramón Luna de la Ossa, de Cuenca. O autor achegouse a Carballo para agradecer o galardón e describiu a súa imaxe, que forma parte dunha serie máis ampla, como "unha metáfora da vida", escollendo as árbores e a natureza como medio de expresión.

Premio Especial do Concurso de Fotografía Xosé Manuel Eirís de Carballo 2014-Foto-Alberte Sánchez Regueiro

Destaca tamén o Premio Especial Carballo. Dotado con 450 € e diploma, para a fotografía que leva por título "Cocadas" presentada por Alberte Sánchez Regueiro de Culleredo, unha das máis gabadas durante a inauguración pola súa "mirada dóce" e” o seu aroma carballés, “iso é Carballo”, apuntaron.

O resto das imaxes premiadas foron, como 2º Premio, dotado con 450 € e diploma, "Nadador" presentada por Jordi Cohen Colldeforns, de Barcelona. E concedéronse dous accésits, dotados con 125 € e diploma ás seguintes obras: "Blue nets" presentada por José Beut Duato, de Valencia; e "San Martín e o Mendigo" presentada por Ignacio Mascuñán Freijanes, de Vilanova de Arousa, que reflicte "unha fantástica luz" entroncando "coa obra pictórica de Rembrandt".

Segundo Premio Concurso Fotografia Carballo 2014 Accesit Concurso Fotografia Carballo 2014 Accesit do Concurso de Fotografía Xose Manuel Eirís de Carballo 2014 -Foto-Ignacio Mascuñán Freijanes

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios